Narva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Narva linn
Flag of Narva
Coat of arms of Narva
Bandeira Escudo
Condado Condado de Ida-Viru
Alcalde Tarmo Tammiste
Area 84.54 km²
Poboación (as of 2004)
 - Densidade
67,355
796.7/km²
Coordenadas 59°23' N 28°12' E
Location of Narva
Localización de Narva

Narva (en alemán Narwa) e unha cidade de Estonia situada na fronteira norte con Rusia. O río Narva flúe dende o lago Peipus, directo á cidade. O 1 de xaneiro do 2004 a cidade tiña unha poboación de 67.355 habitantes nunha área de 84,54 km² o que dá unha densidade de poboación de 796,7 habitantes por km².

O 93,85% da poboación de Narva está formada por rusos, a maior parte inmigrantes da antiga Unión Soviética.

Historia[editar | editar a fonte]

Castelo de Hermann na fronteira entre Estonia e Rusia

Fundado durante o reinado dinamarqués na Estonia setentrional no século XIII, o castelo e a cidade de Narva convertéronse en posesión da orde de Livonia despois de 1347. Capturado brevemente polo exército ruso en 1555, Narva cambiou de mans algunhas veces, e despois de 1581 foi controlada por Suecia. A cidade foi reconquistada por Rusia en 1704 e permaneceu no Imperio ruso ata a independencia estoniana en 1918.

Ó longo do río Narva atópase un forte ruso, o forte de Ivangorod, fundado polo Gran Duque Ivan III de Moscovia en 1492 e chamados ás veces Conde de Narva. Durante os tempos Soviéticos Narva e Ivangorod estaban irmandadas, a pesar de pertencer a diversas repúblicas. Antes da segunda guerra mundial, Ivangorod (en estoniano coñecido como Jaanilinn) era parte de Narva.

Poboación[editar | editar a fonte]

Segundo o censo de 2001, o 93,85% dos habitantes de Narva eran rusófonos (86,41% rusos), principalmente inmigrantes rusos da era soviética e os seus descendentes. Durante a Segunda Guerra Mundial a cidade de Narva foi destruída case na súa totalidade. Trala guerra, as autoridades soviéticas prohibiron a volta dos habitantes da preguerra (estonianos na súa maioría, formando o 64,8% da poboación segundo o censo de 1934), alterando radicalmente a composición étnica da vila.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Toivo U. Raun, Estonia and the Estonians, Hoover Institution Press, Stanford University, 2001, ISBN 0817928529, p131

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]