Gertrude Ederle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gertrude Ederle
Gertrude Ederle.jpg
Nome completoGertrude Caroline Ederle
Nacemento23 de outubro de 1905 e 23 de outubro de 1906
 Nova York
Falecemento30 de novembro de 2003
 Wyckoff
SoterradaCemiterio de Woodlawn
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónnadador
PremiosNational Women’s Hall of Fame e International Swimming Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

Gertrude Caroline Ederle, nada en Nova York o 23 de outubro de 1905 e finada en Wyckoff o 30 de novembro de 2003, foi unha nadadora estadounidense.

En 1926 foi a primeira muller que atravesou o Canal da Mancha a nado.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gertrude Ederle naceu en Nova York en 1905, filla de inmigrantes procedentes de Alemaña.[1] Inicialmente non mostrou propensión a nadar:[1] foi á piscina por primeira vez aos nove anos e non tivo adestramento formal ata os quince.[1] Con todo, a pesar da falta de preparación, aos dezasete anos xa tiña resultados notables, como varias marcas nacionais e mundiais en distancias que oscilaban entre as 50 iardas e a media milla, a realización de sete récords nun só día en 1922 e a clasificación para os Xogos Olímpicos.

Nos Xogos de París de 1924 gañou a medalla de ouro co relevo 4 100 m estilo libre estadounidense, ademais de dúas medallas de bronce individuais nos 100 e nos 400 m.

Celebracións por Gertrude Ederle

En 1925 nadou 34 km a través da baía de Nova York, dende Manhattan ata Sandy Hook, en 7 horas e 11 minutos, establecendo o novo récord absoluto (masculino e feminino). Tamén tentou cruzar a canle da Mancha ese ano, mais tivo que ser descualificada por ser axudada por un dos adestradores durante un ataque de tose.

Gertrude Ederle quixo intentalo de novo o ano seguinte. O 6 de agosto de 1926, saíu de Cap Gris-Nez, Francia, ás 7:05 horas e chegou nadando a Kingsdown, Inglaterra, despois de 14 horas e 34 minutos,[1] un rexistro que baixou o récord anterior en máis de dúas horas, ata entón en mans do arxentino Enrique Tiraboschi.[2] Era a primeira vez que unha muller nadaba pola canle inglesa. Despois outras mulleres lograron a proeza, mais o seu tempo permaneceu como récord durante 24 anos, ata que en 1950 foi mellorado por Florence Chadwick (a décimo terceira muller que cruzou a canle).

Ao regresar a casa, a fazaña de Gertrude Ederle celebrouse cun desfile en Nova York o 27 de agosto de 1926 e foi recibida polo presidente Calvin Coolidge . En 1927 interpretouse a ela mesma no filme Swim Girl, Swim.[3]

En 1933 unha caída das escaleiras provocoulle feridas graves e tardou anos en recuperarse. Porén, en 1939, conseguiu actuar na Exposición Universal de Nova York. Nos anos 40, Ederle, que padecía problemas auditivos causados polo xarampón dende a infancia, quedou completamente xorda. Retirada da escena pública, dedicouse a ensinar a nadar a nenos xordos.

En 1965 foi incluída no International Swimming Hall of Fame (Salón da Fama da Natación Internacional).

Faleceu o 30 de novembro de 2003, aos 98 anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Aug 6, 1926: Gertrude Ederle becomes first woman to swim English Channel". This Day in History (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2012. 
  2. Bruschi, Paolo (6 de agosto de 2016). "Col pregiudizio non si gioca. Storie di donne olimpiche". Il Manifesto. Consultado o 2 de agosto de 2019. 
  3. Swim Girl, Swim na IMDb (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]