Shirley Chisholm
Shirley Chisholm | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Shirley Anita St. Hill |
Nacemento | 30 de novembro de 1924 |
Lugar de nacemento | Brooklyn |
Falecemento | 1 de xaneiro de 2005 |
Lugar de falecemento | Ormond Beach |
Causa | Ictus |
Soterrada | Forest Lawn Cemetery |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Etnia | Afroamericano, Barbadian American e Afro-Barbadian |
Relixión | Baptismo |
Alma máter | Universidade de Columbia, Brooklyn College, Teachers College, Girls' High School e Boys and Girls High School |
Ocupación | política |
Premios | National Women’s Hall of Fame e Medalla Presidencial da Liberdade |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Shirley Anita St. Hill Chisholm, nada o 30 de novembro de 1924 e finada o 1 de xaneiro de 2005, foi unha política, educadora e escritora estadounidense que en 1968 foi a primeira muller afroamericana elixida para o Congreso dos Estados Unidos e representou o 12.º distrito congresional do estado de Nova York na Cámara de Representantes durante sete mandatos de 1969 a 1983.[1] Tamén foi a primeira afroamericana en buscar a candidatura presidencial ó interior dun dos grandes partidos dos Estados Unidos e a primeira muller en competir pola candidatura presidencial do Partido Demócrata.[2][3] Foi elixida para formar parte do National Women's Hall of Fame en 1982; ademais, en 2015, o presidente Barack Obama concedeulle de maneira póstuma a Medalla Presidencial da Liberdade, considerada o máis alta honra civil dos Estados Unidos.[4][5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "The First African-American Woman Elected to Congress". U.S. House of Representatives.
- ↑ "Women Presidential and Vice Presidential Candidates: A Selected List". Center for American Women and Politics.
- ↑ Ancient Principles for Success: 10 Keys to Personal and Business Triumph. AuthorHouse. ISBN 9781467883498.
- ↑ "Shirley Chisholm". National Women’s Hall of Fame.
- ↑ "A Shirley thing! Obama awarding Medal of Freedom to legendary Brooklyn congresswoman".