Presentador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Don Francisco(2).jpg
María Inés Guerra Nuñez.jpg
Oprah closeup.jpg
Mario Kreutzberger "Don Francisco", María Inés Guerra e Oprah Winfrey, presentadores de televisión de Chile, México e Estados Unidos, respectivamente.

Un presentador[1] é unha persoa que presenta ou conduce un programa de radio ou televisión (informativos ou concursos), así como algúns eventos públicos ou privados (entregas de premios, entregas de diplomas, funcións de cine ou de teatro, etc.).

Habitualmente, o presentador é un comunicador, un xornalista, un locutor ou alguén con algunha profesión afín, escollido por certas calidades (boa dicción, carisma, coñecementos, aparencia física).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para presentador.