Casamanza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Casamanza (en portugués: Casamança, en francés: Casamance) é unha rexión de Senegal localizada ao sur de Gambia, atravesada polo Rio Casamanza (ou Casamance). Ziguinchor, localizada próxima ao litoral, é a cidade máis populosa e principal dende o punto de vista económico.

Bandeira do Movemento das Forzas Democráticas de Casamanza.
Localizazón de Casamanza no Senegal

É unha rexión de clima quente e de baixa altitude, con algunhas montañas no sueste. A súa media anual de precipitacións é superior ao do resto de Senegal, asemellándose nisto a Guinea Bisau. Pode ser dividida en Baixa Casamanza (Rexión de Ziguinchor) e Alta Casamanza (Rexión de Kolda). A súa economía depende principalmente do cultivo de arroz. O turismo tamén é importante, polas belas praias na costa, particularmente no Cabo Skirring.

A dominación colonial de Casamanza foi emprendida tanto por franceses como portugueses, até que foron estabelecidas as fronteiras entre esa rexión e a colonia de Guinea portuguesa (actual Guinea Bissau), localizada ao sur. Por esa razón, Casamanza está ligada cultural e lingüisticamente a Guinea Bissau e coñecer a lingua portuguesa é común.

O grupo étnico dominante en Casamanza son os xolas (ou diolas). Este grupo ten sido pouco favorecido economicamente en relación ao restante de Senegal, situación que contribuíu ó xurdimento dun movemento separatista, denominado Movemento das Forzas Democráticas da Casamanza (MFDC). O conflito entre o MFDC e o goberno senegalés ten levado a unha serie de enfrontamentos violentos, ocasionando moitas mortes desde o fin do século XX.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Artigos relacionados[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]