Rodrigue Beaubois

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rodrigue Beaubois
Rodrigue Beaubois.jpg
Dallas Mavericks – No. 3
Base
Información persoal
Nacemento 24 de febreiro de 1988 (25 anos)
Flag of Guadeloupe (local).svg Pointe-à-Pitre, Guadalupe
Nacionalidade Francia Francia
Altura 1,88 m (6 ft 2 in)
Peso 84 kg (185 lb)
Salario $1.075.440
Información da carreira
Pre-draft club Cholet Basket LNB
NBA Draft 2009 / Rolda: 1 / Elección: 25

Escollido por Oklahoma City Thunder

Carreira dende 2006
Historial de equipos
Cholet Basket (2006–2009) LNB
Premios e galardóns
Campión da NBA (2011)
Información en nba.com

Rodrigue Beaubois, nado o 24 de febreiro de 1988 en Pointe-à-Pitre, Guadalupe, é un xogador profesional de baloncesto francés que pertence ao cadro de xogadores dos Dallas Mavericks da National Basketball Association (NBA). Con 1,88 metros de altura, xoga na posición de base.

Índice

Traxectoria deportiva [editar]

Profesional [editar]

Liga Francesa [editar]

Beaubois foi descuberto polo xogador da NBA Mickael Pietrus nun campus de baloncesto celebrado en Guadalupe.[1] De alí chegou ao Cholet Basket da liga francesa, onde se integrou no seu centro de formación, xogando primeiro unha tempada no seu equipo junior, onde fixo 10,8 puntos e 2,3 asistencias por partido.[1] Ao ano seguinte integrouse no equipo profesional , pero só xogou cinco partidos co mesmo na tempada.[2] Ese mesmo ano foi por primeira vez convocado coa selección francesa sub-20.[3]

Tras unha primeira tempada xa completamente integrado no primeiro equipo, a súa explosión foi ao ano seguinte, no que acabou con 10 puntos e 2,5 rebotes por partido, xogando o seu mellor encontro ante Roanne, no que conseguiu 31 puntos, 8 asistencias e 5 roubos de balón.[1]

Estatísticas [editar]
Tempada Equipo P PTS REB AST ROU TAP  %TC  %3P  %TL MIN PER
2007-08 Cholet Basket 24 5.5 1.6 1.3 0.7 0.4 .511 .435 .777 13.3 1.0
2008-09 Cholet Basket 29 10.0 2.5 2.3 1.1 0.2 .633 .317 .583 22.3 1.9
Total: 50 7.5 2.2 1.9 0.9 0.3 .541 .398 .622 17.8 1.4

NBA [editar]

Foi elixido na vixésimo quinta posición do Draft da NBA de 2009 por Oklahoma City Thunder,[4] mais foi inmediatamente traspasado a Dallas Mavericks xunto cunha futura segunda rolda do draft a cambio dos dereitos da elección 24, B. J. Mullens.[5] En xullo de 2009 comprometeuse co equipo texano por dúas tempadas.[6]

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]