James Johnson
![]() |
|
| Sacramento Kings – No. 52 | |
| Aleiro | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 20 de febreiro de 1987 (26 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
| Peso | 111 kg (245 lb) |
| Instituto | Cheyenne East High School |
| Información da carreira | |
| Universidade | Wake Forest |
| NBA Draft | 2009 / Rolda: 1 / Elección: 16
Escollido por Chicago Bulls |
| Carreira | dende 2009 |
| Historial de equipos | |
| Chicago Bulls (2009-2011) Iowa Energy (NBA D-League) (2011) Toronto Raptors (2011-2012) Sacramento Kings (2012-presente) |
|
| Información en nba.com | |
James Patrick Johnson[1], nado o 20 de febreiro de 1987 en Cheyenne, Wyoming, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Sacramento Kings da National Basketball Association (NBA). Foi elixido na 16ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Chicago Bulls, e anteriormente xogou na universidade para os Demon Deacons de Wake Forest.
Índice |
Traxectoria deportiva [editar]
Universidade [editar]
Johnson entrou en Wake Forest despois de rematar o instituto en Cheyenne, Wyoming, e tivo un impacto inmediato, rematando segundo na elección do rookie do ano. Liderou aos Demon Deacons en anotación e en rebotes.
Coma sophomore, Johnson liderou outra vez ao equipo en rebotes, levando ao equipo a unha marca de 24-5, e ao número 1 do ranking na tempada 2008-09. Despois desa tempada, Johnson declarouse elixible para o Draft da NBA de 2009.
Estatísticas na universidade [editar]
| Tempada | Equipo | G | PTS | REB | AST | ROU | TAP | TC% | 3P% | TL% | MIN | PER |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2007-08 | Wake Forest Demon Deacons | 30 | 14.6 | 8.1 | 1.2 | 1.4 | 1.3 | .487 | .280 | .689 | 29.2 | 2.6 |
| 2008-09 | Wake Forest Demon Deacons | 31 | 15.0 | 8.5 | 2.0 | 1.4 | 1.5 | .542 | .319 | .697 | 30.5 | 2.4 |
| Totais: | 61 | 14.8 | 8.3 | 1.6 | 1.4 | 1.4 | .514 | .295 | .692 | 29.9 | 2.5 | |
NBA [editar]
Johnson foi elixido na 16ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Chicago Bulls.
O 27 de xaneiro de 2011, Johnson foi asignado aos Iowa Energy da NBA Development League.[2] Foi chamado de volta o 15 de febreiro de 2011.[3]
O 22 de febreiro de 2011, Johnson foi traspasado aos Toronto Raptors a cambio dunha elección da primeira rolda do Draft de 2011 que adquiriron dos Miami Heat.[4]
O 16 de xullo de 2012, Johnson foi traspasado ós Sacramento Kings a cambio dunha elección de segunda rolda do Draft de 2014.[5]
Notas [editar]
- ↑ 2009 Draft Prospects profile
- ↑ Iowa Energy receive James Johnson from Chicago Bulls
- ↑ Johnson rejoins Bulls after NBDL stint
- ↑ "Raptors Acquire Johnson From Chicago". NBA.com. 2011-02-22. http://www.nba.com/raptors/news/20110222/11967/raptors-acquire-johnson-chicago. Consultado o 2011-02-23.
- ↑ "KINGS ACQUIRE JAMES JOHNSON". NBA.com. 2012-07-16. http://www.nba.com/kings/news/kings-acquire-james-johnson. Consultado o 2012-07-16.
