Jonas Jerebko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jonas Jerebko
JonasJerebko.jpg
Detroit Pistons – No. 33
Aleiro
Información persoal
Nacemento 8 de setembro de 1987 (26 anos)
Flag of Sweden.svg Kinna, Suecia
Nacionalidade Flag of Sweden.svg Suecia
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso 105 kg (231 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2009 / Rolda: 2 / Elección: 39

Escollido por Detroit Pistons

Carreira dende 2005
Historial de equipos
Marbo Basket (Suecia) (2005–06)
Plannja Basket (Suecia) (2006–07)
Pallacanestro Biella (2007-2009)
Detroit Pistons (2009-presente)
Información en nba.com

Jonas Jerebko, nado o 2 de marzo de 1987 en Kinna, Suecia, é un xogador sueco de baloncesto profesional que xoga nos Detroit Pistons da NBA.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Europa[editar | editar a fonte]

Jerebko comezou a súa carreira xogando co Marbo Basket sueco na tempada 2005-06 e na 2006-07 foise ao campión sueco Plannja Basket, onde gañou o campionato. Despois foise á liga italiana para xogar co Angelico Biella en 2007.

NBA[editar | editar a fonte]

Declarouse elixible para o Draft da NBA de 2008, pero despois rectificou, xa que antes quería pasar un ano máis na liga italiana para gañar experiencia antes de xogar na NBA. O ex-adestrador universitario e actual analista da ESPN, Fran Fraschilla, considerou a Jerebko coma un dos cinco europeos mellor posicionados no Draft de 2009. Foi seleccionado na segunda rolda do Draft de 2009 polos Detroit Pistons, na 39ª posición. É o segundo xogador sueco en ser seleccionado para xogar na NBA, tras Miles Simon, americano nado en Suecia. En agosto, asinou un contrato de dous anos cos Pistons. A súa carreira na NBA tivo un comezo movido; nun partido de pretempada, Jerebko foi acusado de darlle unha puñada ao veterán xogador Jamaal Magloire na cara. Os dous xogadores foron suspendidos un partido da tempada regular pola pelexa.[1] Jerebko non se viu abaixo tras o incidente, e coa súa loita e determinación mellorou o seu xogo. Isto foi agradecido polos fans, e o departamento promocional dos Pistons comezou a regalar cascos vikingos e bandanas para os fans, para cada punto que anotara Jerebko.[2]

O 5 de outubro de 2010, Jerebko lesionouse no tendón de Aquiles nun partido de pretempada contra os Miami Heat.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Watson, Matt. "Detroit's Fighting Swede penalized." Detroit Bad Boys. http://www.detroitbadboys.com/archives/2009-10-08/detroits-fighting-swede-penalized/
  2. Sitto, Natalie. "Jerebko Row." http://need4sheed.com/2009/12/jerebko-row.html
  3. Langlois, Keith. "Heat Check" http://www.nba.com/pistons/features/DETMIA_recap_101005.html

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]