Nando de Colo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nando de Colo
File Nando de Colo (cropped).jpg
Toronto Raptors – No. 3
Base / Escolta
Información persoal
Nacemento 23 de xuño de 1987 (26 anos)
Flag of France.svg Sainte-Catherine-lès-Arras
Nacionalidade Francia Francia
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso 91 kg (200 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2009 / Rolda: 2 / Elección: 53

Escollido por San Antonio Spurs

Carreira dende 2006
Historial de equipos
Cholet Basket (2006-2009)
Valencia BC (2009-2012)
San Antonio Spurs (2012-2014)
Austin Toros (2012-2014)
Toronto Raptors (2014-presente)
Información en nba.com

Nando de Colo, nado o 23 de xuño de 1987 en Sainte-Catherine-lès-Arras, é un xogador francés de baloncesto profesional que xoga nos Toronto Raptors da National Basketball Association (NBA). Os seus pais son portugueses.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

De Colo fixo o seu debut profesional na tempada 2006-07 na Ligue Nationale de Basketball co Cholet Basket. Foi elixido na 53ª posición do Draft da NBA de 2009 polos San Antonio Spurs. Despois, en 2009, foise ao Power Electronics Valencia da Liga ACB.

En xullo de 2012 decidiu dar o salto á NBA, e asinou un contrato por dous anos cos San Antonio Spurs.[1] Durante as súas dúas tempadas en San Antonio, foi asignado en varias ocasións ós Austin Toros, afiliado dos Spurs na NBA Development League.

O 20 de febreiro de 2014, foi traspasado ós Toronto Raptors a cambio de Austin Daye.[2]

Selección de baloncesto de Francia[editar | editar a fonte]

De Colo é membro da selección nacional de baloncesto de Francia, e xogou con eles no Eurobasket 2009 de Polonia e o Campionato do Mundo da FIBA.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen, pero non aparecerán as notas ata que se engada o modelo {{Listaref}}; consulte a páxina de axuda.