Taj Gibson
| Chicago Bulls – No. 22 | |
| Ala-pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 24 de xuño de 1985 (27 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
| Peso | 102 kg (225 lb) |
| Instituto | Calvary Christian |
| Información da carreira | |
| Universidade | USC |
| NBA Draft | 2009 / Rolda: 1 / Elección: 26
Escollido por Chicago Bulls |
| Carreira | dende 2009 |
| Historial de equipos | |
| Chicago Bulls (2009-presente) | |
| Premios e galardóns | |
| 1º equipo de Rookies NBA (2010) | |
| Información en nba.com | |
Taj Jami Gibson, nado o 24 de xuño de 1985 en Brooklyn, Nova York, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Chicago Bulls da NBA.
Índice |
NBA [editar]
Chicago Bulls [editar]
Tempada 2009-10 [editar]
Gibson declarouse elixible para o Draft da NBA de 2009,[1] e foi seleccionado na 26ª posición polos Chicago Bulls. El, xunto á outra elección do draft James Johnson, asinaron cos Bulls en xullo de 2009.[2] Gibson foi titular na posición de ala-pivote na maioría da súa tempada coma rookie cos Bulls, e impresionou a moita xente pola súa enerxía e boa defensa. Gibson xogou o Rookie Challenge do All Star Weekend de 2010, onde gañarou o equipo Rookie por primeira vez dende 2002. Os Bulls chegaron a playoffs coa 8º posición na Conferencia Leste. Gibson acadou 7.6 puntos e 7.0 rebotes mentres os Bulls caían na primeira rolda contra os Cleveland Cavaliers.[3] Ao remate da súa primeira tempada, Taj foi seleccionado no primeiro equipo de rookies da NBA.
Tempada 2010-11 [editar]
En verán, os Bulls ficharon ao ala-pivote Carlos Boozer, de quen se agardaba que fora titular ao comezo da tempada. Antes da pretempada, Boozer rompeuse a súa man, e Gibson foi titular nos primeiros 15 partidos da tempada. Tras o regreso de Boozer, Gibson foise ao banco e cambiou o seu rol no equipo a maior parte da tempada. Ao remate da tempada, os Bulls quedaron primeiros na Conferencia Leste.
O 10 de maio de 2011, Gibson axudou ao seu equipo a liderar por 3-2 as semifinais da Conferencia Leste contra os Atlanta Hawks, facendo os seus 11 puntos no derradeiro cuarto.[4]