Ligue Nationale de Basketball
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Liga de baloncesto de Francia")
| Fundación | 1987 |
|---|---|
| Rexión | |
| Equipos | 16 (Pro A) 18 (Pro B) |
| Actual campión | Cholet Basket |
| Máis laureado | Pau-Orthez (7 títulos) |
| Sitio web | www.lnb.fr |
A Liga Nacional de Baloncesto (en francés Ligue nationale de basket-ball) é o campionato de baloncesto entre clubes máis importante de Francia. O primeiro campionato entre clubes franceses tivo lugar en 1921; dende aquela celebrouse anualmente coa única excepción dos años 1940 e 1941, a causa da Segunda Guerra Mundial.
O campionato recibiu ao longo da historia tres denominacións: entre 1921 e 1949 denominouse "Excellence", entre 1950 e 1993 "Nationale 1", e dende 1994 "Pro A".
Actualmente a Liga, organizada pola LNB (Ligue nationale de basket-ball), está organizada en dúas categorías: a Pro A (máxima categoría) e a Pro B, con dezaoito equipos cada unha.
Índice |
Equipos Temporada 2012-13 [editar]
Palmarés [editar]
- 17 títulos: ASVEL Lyon-Villeurbanne.
- 9 títulos: CSP Limoges, ÉB Pau-Orthez.
- 7 títulos: Foyer Alsacien Mulhouse.
- 4 títulos: Le Mans, Paris Basket Racing.
- 3 títulos: Alsace Bagnolet, Olympique d'Antibes Juan-les-Pins.
- 2 títulos: Étoile de Charleville-Mézières, AS Berck, ASPO Tours, Paris UC, CA Mulhouse, SC Paris Ouest, US Métro (París), FC Grenoble, CAUFA Reims, Chorale Roanne, SLUC Nancy.
- 1 título: Evreux AC, ICAM Lille, Ecole Normale Arras, Stade Français (París), Olympique Lillois, Championnet Sports (París), ES Ste. Marie de la Guillotière Lyon, UA Marseille, AS Denain-Voltaire, Paris BR, Strasbourg IGB, Cholet Basket, Élan Sportif Chalonnais.