Ty Lawson
| Denver Nuggets – No. 3 | |
| Base | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 3 de novembro de 1987 (25 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,80 m (5 ft 11 in) |
| Peso | 88 kg (195 lb) |
| Instituto | Oak Hill Academy (Mouth of Wilson, Virxinia) Bishop McNamara HS (Forestville, Maryland) |
| Información da carreira | |
| Universidade | North Carolina (2006-2009) |
| NBA Draft | 2009 / Rolda: 1 / Elección: 18
Escollido por Minnesota Timberwolves |
| Carreira | dende 2009 |
| Historial de equipos | |
| Denver Nuggets (2009-presente) BC Žalgiris (2011) |
|
| Información en nba.com | |
Tywon "Ty" Ronell Lawson, nado o 3 de novembro de 1987 en Clinton, Maryland, é un xogador profesional americano de baloncesto que xoga nos Denver Nuggets da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Traxectoria deportiva [editar]
NBA [editar]
Lawson foi elixido na 18ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Minnesota Timberwolves. Porén, Minnesota xa había elexido a outros dous bases no Draft, e quixeron desfacerse del. Esto deu aos Nuggets a oportunidade de conseguir a un xogador de calidade, e traspasaron a unha futura elección do Draft a Minnesota a cambio de Lawson.[1][2] Lawson tivo unha mellor oportunidade en Denver, xa que era o suplente de Chauncey Billups.
Tras o traspaso que mandou a Billups aos New York Knicks o 22 de febreiro de 2011, o mesmo que mandou a Carmelo Anthony aos Knicks, Lawson convertiuse no base titular dos Nuggets. O 9 de abril de 2011, Lawson convertiuse no primeiro xogador da historia da NBA en anotar os seus primeiros 10 intentos de tres puntos.
Europa [editar]
O 15 de agosto de 2011, asinou un contrato dun ano co BC Žalgiris. O acordo incluía unha cláusula que lle permitía voltar aos Denver Nuggets unha vez rematara o lockout de 2011.[3][4]
Notas [editar]
- ↑ Stapleton, Arnie. Wolves trade Lawson to Denver, USA Today, 25 de xuño de 2009.
- ↑ Taylor, Nate. Last first-round pick delivers guard only sweep, Minneapolis Star-Tribune, 26 de xuño de 2009.
- ↑ ZALGIRIS inks playmaker Ty Lawson
- ↑ "Ty Lawson taking his game to Lithuania". ESPN.com. ESPN Internet Ventures. 16 de agosto de 2011. http://espn.go.com/nba/story/_/id/6865514/ty-lawson-denver-nuggets-set-take-game-lithuania. Consultado o 16 de agosto de 2011.