Sam Young

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sam Young
Sydney Kings – No. 32
Aleiro / Escolta
Información persoal
Nacemento 1 de xuño de 1985 (28 anos)
Flag of Washington, D.C..svg Washington D.C.
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso 98 kg (215 lb)
Instituto Friendly HS (Friendly, Maryland)
Hargrave Military (Chatham, Virginia)
Información da carreira
Universidade Pittsburgh (2005–2009)
NBA Draft 2009 / Rolda: 2 / Elección: 36

Escollido por Memphis Grizzlies

Carreira dende 2009
Historial de equipos
Memphis Grizzlies (2009-2012)
Philadelphia 76ers (2012)
Indiana Pacers (2012-2013)
Sydney Kings (2013-presente)
Información en nba.com

Samuel David Young, nado o 1 de xuño de 1985 en Washington D.C., é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente xoga nos Sydney Kings da National Basketball League de Australasia. Antes, xogou na universidade para os Pittsburgh Panthers.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Young foi elixido na 36ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Memphis Grizzlies.

O 15 de marzo de 2012 foi traspasado aos Philadelphia 76ers a cambio dos dereitos do Draft de Ricky Sánchez.[1]

O 6 de setembro de 2012, Young asinou cos Indiana Pacers.[2] Foi cortado polos Pacers o 6 de xaneiro de 2013,[3] pero fichou de novo o 28 de xaneiro de 2013.[4]

O 30 de setembro de 2013, Young asinou cos San Antonio Spurs.[5] Porén, foi cortado o 10 de outubro.[6]

O 18 de novembro de 2013, asinou cos Sydney Kings para o resto da tempada 2013-14.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]