Jordan Hill
| Los Angeles Lakers – No. 27 | |
| Ala-pivote/Pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 27 de xullo de 1987 (25 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
| Peso | 107 kg (235 lb) |
| Instituto | The Patterson School |
| Información da carreira | |
| Universidade | Arizona |
| NBA Draft | 2009 / Rolda: 1 / Elección: 8
Escollido por New York Knicks |
| Carreira | dende 2009 |
| Historial de equipos | |
| New York Knicks (2009-2010) Houston Rockets (2010-2012) Los Angeles Lakers (2012-presente) |
|
| Información en nba.com | |
Jordan Craig Hill, nado o 27 de xullo de 1987 en Atlanta, Xeorxia, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Traxectoria deportiva [editar]
NBA [editar]
Hill foi escollido na 8ª posición do Draft da NBA de 2009 polos New York Knicks. Asinou un contrato por dúas tempadas e 4.3 millóns de dólares.[1] Xogou cinco partidos para os Knicks na liga de verán, onde fixo 14.4 puntos, 8.2 rebotes e 1.0 tapóns por partido.
O 18 de febreiro de 2010, Hill foi traspasado xunto a Jared Jeffries aos Houston Rockets, nun traspaso a tres bandas entre os Knicks, os Rockets e os Sacramento Kings, que mandou a Tracy McGrady aos New York Knicks.[2]
O 15 de marzo de 2012, foi traspasado aos Los Angeles Lakers a cambio do base Derek Fisher e unha elección de primeira rolda do Draft.[3][4]
Notas [editar]
- ↑ Knicks lock in first-round pick Hill
- ↑ Tracy McGrady traded to New York Knicks in 3-team deal, sources say - ESPN
- ↑ Report, Staff. "Lakers trade Derek Fisher to Rockets for Jordan Hill". aol. http://aol.sportingnews.com/nba/story/2012-03-15/nba-trade-rumors-lakers-derek-fisher-houston-rockets-jordan-hill. Consultado o 3/15/12.
- ↑ http://www.nba.com/news/transactions/2012-trade-deadline-tracker/