Chase Budinger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chase Budinger
Chase Budinger vsStanford.jpg
Minnesota Timberwolves – No. 10
Aleiro
Información persoal
Nacemento 22 de maio de 1988 (25 anos)
Flag of California.svg Encinitas, California
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso 99 kg (218 lb)
Instituto La Costa Canyon (Carlsbad, California)
Información da carreira
Universidade Arizona
NBA Draft 2009 / Rolda: 2 / Elección: 44

Escollido por Detroit Pistons

Carreira dende 2009
Historial de equipos
Houston Rockets (2009–2012)
Minnesota Timberwolves (2012–presente)
Información en nba.com

Chase Andrew Budinger, nado o 22 de maio de 1988 en Encinitas, California, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Minnesota Timberwolves da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Budinger foi elixido na 44ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Detroit Pistons, e foi traspasado aos Houston Rockets na mesma noite do Draft. Xogou cos Rockets na Summer League, onde fixo 17.8 puntos por partido. No primeiro partido da tempada 2009-10, Budinger saíu do banco para xogar 15 minutos, onde fixo 6 puntos e capturou 1 rebote. O 30 de marzo de 2010, Budinger anotou 24 puntos na vitoria por 98-94 contra os Washington Wizards. Tres días máis tarde igualou esta marca na vitoria na casa dos Boston Celtics por 119-114.

O 23 de febreiro de 2011, Budinger anotou 30 puntos, a maior anotación da súa carreira, na vitoria por 124-119 ante os Cleveland Cavaliers. Superaría esa marca no derradeiro partido da tempada 2010-11 contra os Minnesota Timberwolves, con 35 puntos en 12 de 21 lanzamentos anotados, incluíndo 4 de 8 triplas.

O 26 de xuño de 2012, Budinger foi traspasado aos Minnesota Timberwolves xunto ós dereitos do aleiro Lior Eliyahu a cambio da 18ª elección do Draft da NBA de 2012.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]