Jodie Meeks
| Los Angeles Lakers – No. 20 | |
| Escolta | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de agosto de 1987 (25 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,93 m (6 ft 4 in) |
| Peso | 94 kg (208 lb) |
| Instituto | Norcross (Georgia) |
| Información da carreira | |
| Universidade | Kentucky |
| NBA Draft | 2009 / Rolda: 2 / Elección: 41
Escollido por Milwaukee Bucks |
| Carreira | dende 2009 |
| Historial de equipos | |
| Milwaukee Bucks (2009-2010) Philadelphia 76ers (2010-2012) Los Angeles Lakers (2012-presente) |
|
| Información en nba.com | |
Jodie Meeks, nado o 21 de agosto de 1987 en Nashville, Tennessee, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Traxectoria profesional [editar]
O 7 de abril de 2009, Meeks declarouse elixible para o Draft da NBA de 2009, e a súa intención de non contratar a un axente, deixando aberta a posibilidade de volver á universidade de Kentucky a seguinte tempada.[1] O 25 de xuño de 2009, Meeks foi elixido na 41ª posición do Draft polos Milwaukee Bucks.
O 18 de febreiro de 2010, Meeks foi traspasados aos Philadelphia 76ers xunto con Francisco Elson a cambio de Primoz Brezec e Royal Ivey.[2]
O 26 de novembro de 2010, Meeks anotou 21 puntos, a máxima anotación da súa carreira ata ese intre na derrota por 99-90 contra os Miami Heat. Xogou o seu primeiro partido coma titular o 3 de decembro de 2010, acadando 9 puntos, 1 rebote e un roubo de balón en 19 minutos de xogo. No seu segundo partido coma titular, mellorou a súa mellor marca de anotación, ao facer 26 puntos (20 deles no primeiro cuarto), con 9 de 16 tiros de campo, incluíndo 7 de 10 triplas.
O 13 de agosto de 2012, Meeks asinou un contrato de dous anos cos Los Angeles Lakers, cun valor de 3 millóns de dólares.[3]
Notas [editar]
- ↑ Dawson, Brett (2009-04-07). "Jodie Meeks will declare for NBA draft". The Courier-Journal. http://74.125.95.132/search?q=cache:S_mgIVSLDKcJ:www.courier-journal.com/article/20090407/SPORTS03/90407018/1002/ARCHIVES+Jodie+Meeks+will+declare+for+NBA+draft+The+Courier+Journal&cd=1&hl=en&ct=clnk&gl=us. Consultado o 2009-04-07.
- ↑ "Sixers Complete Four Player Trade with Milwaukee". NBA.com. 2010-02-18. http://www.nba.com/sixers/news/sixers_trade_100218.html. Consultado o 2010-02-18.
- ↑ "Big Lakers news! They signed Jodie Meeks! What did you guys think we were talking about?". ProBasketballTalk. 12 de agosto de 2012. http://probasketballtalk.nbcsports.com/2012/08/12/big-lakers-news-they-signed-jodie-meeks-why-did-you-guys-think-we-were-talking-about/. Consultado o 13 de agosto de 2012.