Terrence Williams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Terrence Williams
Terrence Williams in March 2013.jpg
Axente libre
Aleiro / Escolta
Información persoal
Nacemento 28 de xuño de 1987 (27 anos)
Flag of Washington.svg Seattle, Washington
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso 100 kg (220 lb)
Instituto Rainier Beach, Seattle
Información da carreira
Universidade Louisville
NBA Draft 2009 / Rolda: 1 / Elección: 11

Escollido por New Jersey Nets

Carreira dende 2009
Historial de equipos
New Jersey Nets (2009-2010)
Springfield Armor (D-League) (2010)
Houston Rockets (2010-2012)
Sacramento Kings (2012)
Guangdong Southern Tigers (2012-2013)
Boston Celtics (2013)
Información en nba.com

Terrence Williams, nado o 28 de xuño de 1987 en Seattle, Washington, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente é axente libre. Con 1,98 metros de altura, pode xogar nas posicións de aleiro e escolta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Xogou durante 3 tempadas cos Cardinals da Universidade de Louisville, nas que acadou 11,1 puntos, 6,9 rebotes e 3,9 asistencias por partido.[1] Na súa tempada junior conseguiu dúas das catro únicas triplas-dobres da historia dos Cardinals, ante Hartford o 17 de novembro de 2007, conseguindo 14 puntos, 12 rebotes e 13 asistencias no partido que inauguraba a tempada,[2] e dous meses despois ante Seton Hall, conseguindo 10 puntos, 10 rebotes e 10 asistencias.[3]

Na súa última tempada foi elixido no mellor quinteto da Big East Conference,[4] sendo incluído ademais no terceiro equipo All-American.[5] É o único xogador da súa universidade en conseguir ao longo da súa traxectoria 1.500 puntos, 900 rebotes, 500 asistencias e 200 roubos de balón.

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Tempada Equipo P PTS REB AST ROUB TAP  %TC  %3P  %TL MIN PER
2005–06 Louisville Cardinals 33 8.4 4.7 2.1 1.0 0.3 .391 .310 .612 25.1 1.7
2006–07 Louisville Cardinals 34 12.4 7.0 3.8 1.3 0.7 .367 .261 .604 33.0 1.3
2007–08 Louisville Cardinals 36 11.1 7.2 4.5 1.5 0.7 .411 .340 .571 35.9 2.9
2008–09 Louisville Cardinals 37 12.5 8.6 5.0 2.3 0.8 .431 .385 .581 34.2 2.3
Totais 140 11.1 6.9 3.9 0.6 1.4 .401 .326 .581 32.0 2.3

Profesional[editar | editar a fonte]

Foi elixido na 11ª posición do Draft da NBA de 2009 polos New Jersey Nets,[6] equipo co cal asinou un contrato en xullo de 2009.[7]

O 15 de decembro de 2010, Williams foi traspasado aos Houston Rockets nun traspaso entre tres equipos incluíndo os Nets e os Los Angeles Lakers.[8] O 16 de marzo de 2012, Williams foi cortado polos Rockets.[9]

Tras ser cortado polos Rockets, Williams asinou un contrato de 10 días cos Sacramento Kings o 21 de marzo de 2012.[10] O 31 de marzo de 2012, asinou para o resto da tempada.[11][12]

En novembro de 2012, fichou polos Guangdong Southern Tigers de China,[13] os cales deixou en febreiro de 2013.

O 20 de febreiro de 2013, Williams asinou un contrato de 10 días cos Boston Celtics.[14] O 3 de marzo de 2013, asinou cos Celtics un contrato multianual.[15] O 30 de xuño de 2013, foi cortado polos Celtics.[16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha de Hill en TDR
  2. Terrence Williams gets triple-double as No. 6 Louisville routs Hartford 104-69
  3. Louisville Cardinals vs. Seton Hall Pirates - Box Score - January 19, 2008
  4. DRAFT 2009 Prospects - Terrence Williams
  5. NCAA AP All-America Teams
  6. 2009 NBA Draft
  7. HoopsHype - NBA General Managers - Rod Thorn
  8. "Rockets Acquire Terrence Williams from Nets". NBA.com. 2010-12-15. http://www.nba.com/rockets/news/rockets_acquire_terrence_willi_2010_12_15.html. Consultado o 2010-12-15.
  9. Feigen, Jonathan. "Rockets waive Terrence Williams; Derek Fisher may not play a game as a Rocket". Ultimate Rockets. http://blog.chron.com/ultimaterockets/2012/03/rockets-waive-terrence-williams-derek-fisher-may-not-play-a-game-as-a-rocket/. Consultado o 16 de marzo de 2012.
  10. "Kings Sign Terrence Williams to 10-Day Contract". NBA.com. 2012-03-21. http://www.nba.com/kings/news/terrence_williams_release_2012_03_21.html. Consultado o 2012-03-21.
  11. "Kings Sign Terrence Williams For Remainder of Season". NBA.com. 2012-03-31. http://www.nba.com/kings/news/terrence_williams_press_release_2012_03_31.html. Consultado o 2012-04-01.
  12. Kings sign G/F Terrence Williams for rest of the season
  13. Terrence Williams Joins the CBA’s Guangdong Southern Tigers
  14. "Celtics Sign Terrence Williams". NBA.com. 20 de xaneiro de 2013. http://www.nba.com/celtics/news/press_release/celtics-sign-terrence-williams. Consultado o 20 de xaneiro de 2013.
  15. "Celtics Sign Williams to Multi-Year Contract". NBA.com. 3 de marzo de 2013. http://www.nba.com/celtics/news/press_release/celtics-sign-williams-multi-year-contract. Consultado o 3 de marzo de 2013.
  16. Celtics Waive Terrence Williams

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]