Austin Daye
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Memphis Grizzlies – No. 5 | |
| Aleiro | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 5 de xuño de 1988 (24 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
| Peso | 91 kg (200 lb) |
| Instituto | Woodbridge |
| Información da carreira | |
| Universidade | Gonzaga |
| NBA Draft | 2009 / Rolda: 1 / Elección: 15
Escollido por Detroit Pistons |
| Carreira | dende 2009 |
| Historial de equipos | |
| Detroit Pistons (2009-2013) Khimki BC (2011) Memphis Grizzlies (2013-presente) |
|
| Información en nba.com | |
Austin Darren Daye, nado o 5 de xuño de 1988 en Irvine, California, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Memphis Grizzlies da National Basketball Association (NBA). Antes, xogou instituto Woodbridge, en Irvine, onde acadou 30.9 puntos, 12.4 rebotes e 5.4 tapóns por partido. Despois, xogou para a Universidade de Gonzaga.
Índice |
Traxectoria profesional [editar]
Foi elixido na 15ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Detroit Pistons. Durante o lockout da NBA de 2011, xogou para o Khimki BC ruso.[1]
O 30 de xaneiro de 2013, Daye e Tayshaun Prince foron traspasados ós Memphis Grizzlies a cambio de José Calderón nun traspaso entre tres equipos que mandou a Rudy Gay ós Toronto Raptors.[2]