Darren Collison
| Dallas Mavericks – No. 4 | |
| Base | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 23 de agosto de 1987 (25 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,83 m (6 ft 0 in) |
| Peso | 73 kg (160 lb) |
| Instituto | Etiwanda HS |
| Información da carreira | |
| Universidade | UCLA |
| NBA Draft | 2009 / Rolda: 1 / Elección: 21
Escollido por New Orleans Hornets |
| Carreira | dende 2009 |
| Historial de equipos | |
| New Orleans Hornets (2009-2010) Indiana Pacers (2010-2012) Dallas Mavericks (2012-presente) |
|
| Información en nba.com | |
Darren Michael Collison, nado o 23 de agosto de 1987 en Rancho Cucamonga, California, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Dallas Mavericks da National Basketball Association (NBA). Xogou anteriormente na universidade para os UCLA Bruins.
Índice |
Traxectoria profesional [editar]
Collison declarouse elixible para o Draft da NBA de 2009 e foi seleccionado na 21ª posición polos New Orleans Hornets.
Con Chris Paul fóra durante dous meses en dous momentos na tempada 2009-10 diferentes, Collison se convertiu no base titular. O 30 de xaneiro de 2010, Collison conseguiu 18 asistencias, o record dun xogador coma rookie nos Hornets, ademais de 17 puntos na vitoria contra os Memphis Grizzlies, que remataba a xeira de 11 vitorias consecutivas de Memphis na súa casa, por 113-111 na prórroga. O 8 de marzo de 2010, Collison superou a súa propia marca con 20 asistencias, xunto con 16 puntos, na vitoria por 135-131 contra os Golden State Warriors. Nun partido contra os Indiana Pacers, o 19 de febreiro de 2010, Collison convertiuse no segundo rookie da tempada en conseguir un triple-dobre, con 18 puntos, 13 rebotes e 12 asistencias. Rematou 4º na votación do Rookie do Ano da NBA, e acadou 18.8 puntos e 9.1 asistencias.
O 11 de agosto de 2010, os Hornets traspasaron a Collison e a James Posey aos Indiana Pacers nun traspaso entre catro equipos, no que se viron involucrados cinco xogadores.[1]
O 12 de xullo de 2012, Collison e Dahntay Jones foron ós Dallas Mavericks a cambio de Ian Mahinmi.[2]
Notas [editar]
- ↑ "Pacers get Collison from Hornets in 4-team trade". NBA.com. 11 de agosto de 2010. http://www.nba.com/2010/news/08/11/four.team.trade.ap/index.html?ls=iref:nbahpt1. Consultado o 11 de agosto de 2010.
- ↑ It's Official: Pacers Trade Mahinmi for Collison, Jones