DeMarre Carroll

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
DeMarre Carroll
Posición Ala
Información persoal
Nacemento 27 de xullo de 1986 (37 anos)
Alabama Birmingham, Alabama
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 98 kg (215 lb)
Información da carreira
Instituto John Carroll Catholic
(Birmingham, Alabama)
Universidade Vanderbilt (2004–2006)
Missouri (2007–2009)
NBA Draft 2009 / Rolda: 1 / Elección: 27
Por Memphis Grizzlies
Carreira 2009–2020
Historial de equipos
Memphis Grizzlies (2009−2011)
Dakota Wizards (2010−2011)
Houston Rockets (2011)
Denver Nuggets (2011−2012)
Utah Jazz (2012–2013)
Atlanta Hawks (2013−2015)
Toronto Raptors (2015–2017)
Brooklyn Nets (2017−2019)
San Antonio Spurs (2019−2020)
Houston Rockets (2020)

DeMarre LaEdrick Carroll, nado o 27 de xullo de 1986 en Birmingham, Alabama, é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carroll foi elixido na 27ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Memphis Grizzlies. Tras dúas tempadas nos Grizzlies, o 24 de febreiro de 2011, foi traspasado xunto a Hasheem Thabeet e unha futura elección da primeira rolda do Draft ós Houston Rockets, a cambio de Shane Battier e Ish Smith.[1] O 11 de abril de 2011, foi cortado polos Rockets.

O 8 de febreiro de 2012, Carroll asinou cos Utah Jazz.[2]

O 3 de agosto de 2013, Carroll asinou cos Atlanta Hawks.[3]

O 9 de xullo de 2015, Carroll asinou un contrato por catro anos cos Toronto Raptors.[4] Debutou cos Raptors o 28 de outubro de 2015, facendo 14 puntos e 8 rebotes na vitoria de Toronto por 106–99 contra os Indiana Pacers.[5]

O 13 de xullo de 2017, Carroll foi traspasado xunto a dúas eleccións do Draft de 2018 ós Brooklyn Nets, a cambio de Justin Hamilton.[6]

O 6 de xullo de 2019, Carroll foi traspasado ós San Antonio Spurs nun traspaso entre tres equipos.[7] Tras ser cortado polos Spurs, Carroll asinou cos Houston Rockets o 21 de febreiro de 2020.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rockets Deal For Thabeet, Dragic And Carroll
  2. Jazz Agrees to Terms with Free-Agent Forward DeMarre Carroll
  3. "Hawks sign forward DeMarre Carroll". NBA.com. 3 de agosto de 2013. Consultado o 3 de agosto de 2013. 
  4. "Raptors Sign DeMarre Carroll". NBA.com. 9 de xullo de 2015. Consultado o 9 de xullo de 2015. 
  5. "DeRozan scores 25, Lowry has 23, Raptors beat Pacers 106–99". NBA.com. 28 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2016. Consultado o 28 de outubro de 2015. 
  6. "Brooklyn Nets acquire DeMarre Carroll and draft picks from Toronto". NBA.com. 13 de xullo de 2017. Consultado o 13 de xullo de 2017. 
  7. "Spurs acquire DeMarre Carroll". NBA.com. 6 de xullo de 2019. 
  8. "Rockets Sign Free Agent DeMarre Carroll". NBA.com. 21 de febreiro de 2020. Consultado o 21 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]