DeMar DeRozan
| Toronto Raptors – No. 10 | |
| Escolta | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de agosto de 1989 (23 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
| Peso | 100 kg (220 lb) |
| Salario | $2.282.640 |
| Información da carreira | |
| Universidade | USC |
| NBA Draft | 2009 / Rolda: 1 / Elección: 9
Escollido por Toronto Raptors |
| Carreira | dende 2009 |
| Información en nba.com | |
DeMar Darnell DeRozan, nado o 7 de agosto de 1989 en Compton, California, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que pertence ao cadro de xogadores dos Toronto Raptors da NBA. Con 2,01 metros de altura, xoga nas posicións de escolta ou aleiro.
Índice |
Traxectoria deportiva [editar]
Universidade [editar]
Tras participar en 2008 no prestixioso McDonald's All American Team,[1] no cal ademais logrou gañar o concurso de mates,[2] xogou unha única tempada cos Trojans da Universidade do Sur de California, na que fixo 13,9 puntos e 5,7 rebotes por partido.[3] Foi elixido coma mellor xogador do torneo da Pacific-10 Conference, tras facer 19,8 puntos no mesmo, e estar incluído no mellor quinteto de novatos da conferencia.[4] O 8 de abril de 2009 DeRozan anunciou que se declaraba elixible para o Draft da NBA, renunciando aos seus tres últimos anos de universidade.[5]
Estatísticas [editar]
| Tempada | Equipo | P | PTS | REB | AST | ROUB | TAP | %TC | %3P | %TL | MIN | PER |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2008-09 | USC Trojans | 35 | 13.9 | 5.7 | 1.5 | 0.9 | 0.4 | .523 | .167 | .646 | 33.4 | 2.1 |
| Total: | 35 | 13.9 | 5.7 | 1.5 | 0.9 | 0.4 | .523 | .167 | .646 | 33.4 | 2.1 | |
NBA [editar]
DeRozan foi escollido polos Toronto Raptors no Draft da NBA de 2009 no posto número nove da primeira rolda.[6]