Lester Hudson
| Axente libre | |
| Escolta | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de agosto de 1984 (28 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
| Peso | 86 kg (190 lb) |
| Información da carreira | |
| Universidade | Tennessee Martin |
| NBA Draft | 2009 / Rolda: 2 / Elección: 58
Escollido por Boston Celtics |
| Carreira | dende 2009 |
| Historial de equipos | |
| Boston Celtics (2009-2010) →Maine Red Claws (D-League) (2009) Memphis Grizzlies (2010) →Dakota Wizards (D-League) (2010) Washington Wizards (2010-2011) Guangdong Southern Tigers (2011) Qingdao DoubleStar (2011-2012) Austin Toros (D-League) (2012) Cleveland Cavaliers (2012) Memphis Grizzlies (2012) |
|
| Información en nba.com | |
Lester Hudson, nado o 7 de agosto de 1984 en Memphis, Tennessee, é un xogador profesional americano de baloncesto que actualmente é axente libre.
Índice |
Traxectoria deportiva[editar]
Profesional[editar]
Hudson foi elixido na 58ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Boston Celtics. Durante os primeiros meses da tempada 2009-10, Hudson pasou o tempo entre os Celtics e o seu afiliado na NBA D-League, os Maine Red Claws. Foi cortado polos Celtics o 6 de xaneiro de 2010.
Dous días máis tarde, foi contratado polos Memphis Grizzlies.[1] Os Grizzlies asignaron a Hudson aos Dakota Wizards da D-League o 28 de febreiro de 2010.[2] Foi cortado o 1 de xullo de 2010.
Durante a liga de verán de 2010, xogou para os Washington Wizards, foi invitado aos adestramentos dos Wizards para a tempada 2010-11,[3] e conseguiu entrar no plantel para xogar esa tempada. Tras xogar seis partidos, foi cortado polos Wizards o 21 de novembro de 2010.[4] Foi fichado de novo o 20 de decembro de 2010,[5] pero foi cortado de novo o 5 de xaneiro de 2011.[6]
En xaneiro de 2011, asinou co Guangdong Southern Tigers da Chinese Basketball Association. En novembro de 2011, asinou co Qingdao DoubleStar, tamén da liga china.
O 30 de marzo de 2012, Hudson asinou cos Cleveland Cavaliers o primeiro de dous contratos de dez días.[7][8] Adaptouse moi rapidamente ao equipo, anotando polo menos 23 puntos en tres partidos consecutivos a comezos de abril. O 20 de abril de 2012, tras rematar o segundo contrato de dez días cos Cavaliers, asinou cos Memphis Grizzlies un contrato para o resto da tempada 2011-12.[9]
Notas[editar]
- ↑ Grizzlies claim former Central High player Lester Hudson off waivers. The Commercial Appeal. Consultado o 9 de xaneiro de 2010.
- ↑ Grizzlies opt Hudson to developmental league
- ↑ [1]
- ↑ Wizards sign Alonzo Gee, waive Lester Hudson
- ↑ Wizards Re-Sign Hudson; Waive Gee
- ↑ Wizards Waive Lester Hudson
- ↑ Cavs Sign Lester Hudson to 10-Day Contract
- ↑ [2]
- ↑ "Grizzlies sign Lester Hudson". NBA.com. 2012-04-20. http://www.nba.com/grizzlies/news/lester_hudson_signed-120420. Consultado o 2012-04-21.