José Juan Barea
| Minnesota Timberwolves – No. 11 | |
| Base | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de xuño de 1984 (28 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,80 m (5 ft 11 in) |
| Peso | 79 kg (175 lb) |
| Instituto | Miami Christian, Miami |
| Información da carreira | |
| Universidade | Northeastern |
| Pre-draft club | Cangrejeros de Santurce (Porto Rico) |
| Carreira | dende 2001 |
| Historial de equipos | |
| Indios de Mayagüez (2001–2003) (Porto Rico) Cangrejeros de Santurce (2006) (Porto Rico) Dallas Mavericks (2006-2011) Minnesota Timberwolves (2011-presente) |
|
| Premios e galardóns | |
| Campión da NBA (2011) | |
| Información en nba.com | |
José Juan Barea, nado o 26 de xuño de 1984 en Mayagüez, é un xogador profesional de baloncesto portorriqueño que dende a tempada 2006-07 pertence ao equipo dos Minnesota Timberwolves da National Basketball Association (NBA). Mide 1,80 metros, e xoga na posición de base. Está a tramitar a nacionalidade española.[1]
Índice |
Traxectoria deportiva[editar]
Universidade[editar]
Xogou durante catro tempadas na Universidade Northeastern de Boston, onde foi elixido All-American en dúas ocasións.[2] En total tivo unha media de 20,3 puntos e 6,5 asistencias por partido.[3] Na súa última tempada fixo 21 puntos e 8,3 asistencias por partido, sendo o décimo oitavo mellor anotador da NCAA e o oitavo mellor pasador.[1] Foi elixido Xogador do Ano da súa conferencia.
Profesional[editar]
Porto Rico[editar]
Iniciou a súa carreira profesional en Porto Rico en 2001, con tan só 17 anos, na liga "Baloncesto Superior Nacional" cos Indios de Mayagüez. Tras pasar pola universidade, regresou en 2006 para xogar nove partidos cos Cangrejeros de Santurce, cos que fixo 10,4 puntos, 2,7 asistencias e 2,8 rebotes por partido.[4]
NBA[editar]
Decidiu ser elixible para o Draft da NBA de 2006, mais non foi seleccionado. Participou en varias ligas de verán ata que en outubro asinou contrato con Dallas Mavericks. Alí disputou 33 partidos antes de ser enviado aos Fort Worth Flyers da NBA Development League, cos que conseguiu anotar 40 puntos ou máis en dous partidos diferentes. Na tempada 2007-08 foi convocado de novo ante Sacramento Kings, onde conseguiu 25 puntos e 5 asistencias.[5]
Na tempada 2010-11 gañou o seu primeiro campionato da NBA cos Mavericks, tendo un papel moi importante nas Finais da NBA, onde gañaron aos Miami Heat por 4-2.
O 12 de decembro de 2011, Barea chegou a un acordo por 4 anos cos Minnesota Timberwolves.[6]
Notas[editar]
- ↑ 1,0 1,1 Os Mavericks fichan a José Juan Barea
- ↑ Barea among trio of Huskies to earn all-conference honors
- ↑ Estatísticas en Notrheastern
- ↑ Estatísticas de Barea na liga de Porto Rico
- ↑ Kings-Mavericks box score
- ↑ http://hangtime.blogs.nba.com/2011/12/12/wolves-barea-deal/ Wolves, Barea nearing deal]
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
|
|||||