Hasheem Thabeet
| Oklahoma City Thunder – No. 34 | |
| Pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de febreiro de 1987 (26 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,21 m (7 ft 3 in) |
| Peso | 119 kg (263 lb) |
| Información da carreira | |
| Universidade | Connecticut |
| NBA Draft | 2009 / Rolda: 1 / Elección: 2
Escollido por Memphis Grizzlies |
| Carreira | dende 2009 |
| Historial de equipos | |
| Memphis Grizzlies (2009-2011) →Dakota Wizards (D-League) (2009-2010) Houston Rockets (2011-2012) →Rio Grande Valley Vipers (D-League) (2011) Portland Trail Blazers (2012) Oklahoma City Thunder (2012-presente) |
|
| Información en nba.com | |
Hasheem Thabeet, nado Hashim Thabit Manka o 16 de febreiro de 1987 en Dar es Salaam, é un xogador profesional tanzano de baloncesto que xoga nos Oklahoma City Thunder da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Traxectoria deportiva [editar]
Profesional [editar]
Thabeet foi elixido na 2ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Memphis Grizzlies, e convertiuse no primeiro xogador tanzano da NBA. O 25 de febreiro de 2010, foi enviado aos Dakota Wizards da NBA Development League.[1] Foi chamado de volta o 8 de marzo de 2010.[2]
O 24 de febreiro de 2011, o día límite de traspasos, foi traspasado aos Houston Rockets xunto a unha elección de primeira rolda do Draft a cambio de Shane Battier. Foi asignado outra vez á D-League, desta vez aos Rio Grande Valley Vipers, o 21 de marzo de 2011. O 11 de abril de 2011, foi chamado de volta polos Rockets.
O 15 de marzo de 2012, foi traspasado aos Portland Trail Blazers xunto a Jonny Flynn a cambio de Marcus Camby.[3]
O 11 de xullo de 2012, asinou coma axente libre polos Oklahoma City Thunder.[4]
Notas [editar]
- ↑ Grizzlies send Thabeet to NBDL team
- ↑ Grizzlies Recall Thabeet
- ↑ Trail Blazers Send Camby to Houston
- ↑ "Thunder sign Hasheem Thabeet". NBA.com (NBA Media Ventures, LLC, Turner Sports Interactive, Inc.). 11 de xullo de 2012. http://www.nba.com/thunder/release_thabeet_120711.html. Consultado o 11 de xullo de 2012.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Perfil en NBA.com
- Perfil en ESPN
- Perfil en NBA Draft.net
- Perfil nos UConn Huskies
- Perfil na NBA D-League