Marcus Thornton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marcus Thornton
Sacramento Kings – No. 23
Escolta
Información persoal
Nacemento 5 de xuño de 1987 (25 anos)
Flag of Louisiana.svg Baton Rouge, Louisiana
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso 93 kg (205 lb)
Instituto Tara (Baton Rouge, Louisiana)
Información da carreira
Universidade LSU
NBA Draft 2009 / Rolda: 2 / Elección: 43

Escollido por Miami Heat

Carreira dende 2009
Historial de equipos
New Orleans Hornets (2009-2011)
Sacramento Kings (2011-presente)
Premios e galardóns
2º Equipo de Rookies da NBA (2010)
Información en nba.com

Marcus Terrell Thornton, nado o 5 de xuño de 1987 en Baton Rouge, Louisiana, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Sacramento Kings da NBA.

Índice

Traxectoria profesional [editar]

Instituto [editar]

Fixo 27 puntos e capturou 6.5 rebotes por partido no seu ano coma senior no Tara High School en Baton Rouge, Louisiana.

Universidade [editar]

Xogou dous anos no Kilgore College, en Kilgore, Texas. Completou a súa carreira universitaria na universidade de Louisiana State (LSU), onde foi nomeado Xogador do Ano da Conferencia Sueste.

NBA [editar]

Thornton foi elixido na 43ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Miami Heat, pero os seus dereitos foron traspasados aos New Orleans Hornets. O 23 de febreiro de 2010, Thornton anotou 23 puntos nun cuarto, a mellor marca da franquía dos Hornets. Rematoue ese partido con 37 puntos. Ao remate da tempada, foi incluído no segundo equipo de rookies da NBA.

O 23 de febreiro de 2011, Thornton foi traspasado aos Sacramento Kings a cambio de Carl Landry.[1]

O 14 de marzo de 2011, Thornton anotou 42 puntos, a máxima anotación na súa carreira, contra os Golden State Warriors. O 9 de decembro de 2011, Thornton asinou un contrato por 5 anos e 40 millóns de dólares cos Kings.

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]