Jrue Holiday
| Philadelphia 76ers – No. 11 | |
| Base | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de xuño de 1990 (22 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,93 m (6 ft 4 in) |
| Peso | 93 kg (205 lb) |
| Información da carreira | |
| Universidade | UCLA |
| NBA Draft | 2009 / Rolda: 1 / Elección: 17
Escollido por Philadelphia 76ers |
| Carreira | dende 2009 |
| Historial de equipos | |
| Philadelphia 76ers (2009-presente) | |
| Premios e galardóns | |
| NBA All-Star (2013) | |
| Información en nba.com | |
Jrue Randall Holiday, nado o 12 de xuño de 1990 en Chatsworth, California, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Philadelphia 76ers da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional [editar]
Holiday foi elixido na 17ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Philadelphia 76ers. Convertiuse no base titular dos Sixers en marzo da tempada 2009-10. Cando Louis Williams regresou da súa lesión, Holiday perdeu o posto de titular durante uns partidos, pero cando os Sixers levaban unha xeira negativa, Holiday volveu ao posto de base titular, e o mantivo durante o resto da tempada. O 3 de abril de 2010, Holiday anotou 25 puntos contra os Toronto Raptors, a máxima anotación na súa carreira. O 5 de novembro dese mesmo ano, mellorou esa marca, anotando 29 puntos contra os Cleveland Cavaliers. O 2 de febreiro de 2011, conseguiu o seu primeiro triple-dobre, con 11 puntos, 10 rebotes e 11 asistencias na vitoria contra os New Jersey Nets.
O 24 de xaneiro de 2013, foi elixido para xogar o seu primero All-Star Game da NBA coma suplente.