Ricky Rubio
| Minnesota Timberwolves – No. 9 | |
| Base | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de outubro de 1990 (22 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,93 m (6 ft 4 in) |
| Peso | 82 kg (180 lb) |
| Información da carreira | |
| NBA Draft | 2009 / Rolda: 1 / Elección: 5
Escollido por Minnesota Timberwolves |
| Carreira | dende 2005 |
| Historial de equipos | |
| DKV Joventut Badalona (2005-2009) FC Barcelona Bàsquet (2009-2011) Minnesota Timberwolves (2011-presente) |
|
| Premios e galardóns | |
| 1× Estrela emerxente da Euroliga (2010) 1º Equipo de Rookies NBA (2012) |
|
| Información en nba.com | |
Ricard "Ricky" Rubio Vives, nado o 21 de outubro de 1990 en Barcelona, é un xogador profesional español de baloncesto que xoga nos Minnesota Timberwolves da NBA.
Índice |
Traxectoria profesional [editar]
España [editar]
Rubio debutou na Liga ACB na tempada 2005-06 co DKV Joventut. Ese ano gañou o EuroChallenge co equipo. Liderou a ACB en roubos de balón na tempada 2006-07. Nesa mesma tempada, gañou o premio ao xogador revelación da liga. Rubio ademais foi o mellor xogador novo do ano da FIBA en 2007, 2008 e 2009, que premia ao mellor xogador do ano de 22 anos ou menos.[1] Fixo o seu debut na Euroliga o 24 de outubro de 2006. Gañou a Eurocup co Joventut en 2008. Foi elexido coma o mellor base da ACB en 2008 e 2010.
Na tempada 2008-09 foi elixido coma o mellor xogador defensivo da liga, e ao remate desa tempada, declarouse elixible para o Draft da NBA de 2009.[2][3] Nese ano, fichou polo FC Barcelona, onde estivo dous anos.
NBA [editar]
O 1 de xuño de 2011, anunciouse que Rubio e Minnesota chegaron a un acordo para que o xogador chegase aos Timberwolves na tempada 2011-12.
O 17 de xuño de 2011, Rubio fixo unha rolda de prensa na que anunciou a súa fichaxe polos Minnesota Timberwolves.[4] Rubio debutou con Minnesota o 26 de decembro de 2011 no Target Center, que rexistrou un cheo absoluto, primeiro cheo no pavillón dende a tempada 2007-08. Nese partido, Rubio fixo 6 puntos, 5 rebotes e 6 asistencias na derrota por 104-100 contra os Oklahoma City Thunder.[5]
Notas [editar]
- ↑ FIBAEurope.com Rubio article.
- ↑ Marca.com Ricky Rubio confirma que se inscribirá en el 'draft'.
- ↑ ESPN.com Agent confident Rubio to stay in draft.
- ↑ http://aol.sportingnews.com/nba/story/2011-06-21/timberwolves-rubio-wins-press-conference-games-will-be-harder
- ↑ "Ricky Rubio impresses but Wolves fall to Thunder in Sellout Opener". http://www.1500espn.com/sportswire/Ricky_Rubio_impresses_but_Wolves_fall_to_Thunder_in_sellout_opener122611.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ricky Rubio's Official Site (en inglés)/(en castelán)
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Perfil en Eurobasket.com (en inglés)
- Perfil en ACB.com (en castelán)