Víctor Claver

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Víctor Claver
VictorClaver.JPG
Portland Trail Blazers – No. 18
Aleiro / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 30 de agosto de 1988 (25 anos)
Flag of the Land of Valencia (official).svg Valencia
Nacionalidade España España
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso 102 kg (224 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2009 / Rolda: 1 / Elección: 22

Escollido por Portland Trail Blazers

Carreira dende 2006
Historial de equipos
Valencia BC (2006-2012)
Portland Trail Blazers (2012-presente)
Información en nba.com

Víctor Claver Arocas, nado o 30 de agosto de 1988 en Valencia, é un xogador español de baloncesto profesional que xoga nos Portland Trail Blazers da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Valencia[editar | editar a fonte]

Claver comezou a súa carreira nas categorías inferiores do Maristas e do Valencia BC. Fixo o seu debut coma profesional no Valencia na tempada 2006-07. Gañou a Eurocup na tempada 2009-10. Ó ano seguinte fixo o seu debut na Euroliga, acadando 10.9 puntos, 4.9 rebotes en 14 partidos.

NBA[editar | editar a fonte]

Claver foi elixido na 22ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Portland Trail Blazers. O 12 de xullo de 2012, asinou un contrato por tres anos cos Trail Blazers.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]