DeJuan Blair
| San Antonio Spurs – No. 45 | |
| Ala-pivote / Pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 22 de abril de 1989 (24 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
| Peso | 122 kg (270 lb) |
| Instituto | Schenley |
| Información da carreira | |
| Universidade | Pittsburgh |
| NBA Draft | 2009 / Rolda: 2 / Elección: 37
Escollido por San Antonio Spurs |
| Carreira | dende 2009 |
| Historial de equipos | |
| San Antonio Spurs (2009-presente) | |
| Información en nba.com | |
DeJuan Lamont Blair, nado o 22 de abril de 1989 en Pittburgh, Pensilvania, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos San Antonio Spurs da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Traxectoria profesional [editar]
Blair foi elixido na 37ª posición do Draft da NBA de 2009 polos San Antonio Spurs o 25 de xuño de 2009. Asinou o seu contrato cos Spurs o 17 de xullo.[1] Fixo o seu debut no primeiro partido da tempada contra os New Orleans Hornets, onde anotou 14 puntos e capturou 11 rebotes.[2] Ó remate da súa primeira tempada en San Antonio, Blair foi incluído no segundo equipo de rookies do ano.
En setembro de 2011, asinou un contrato dun ano co BC Krasnye Krylya Samara ruso, debido ó lockout da NBA.[3] Porén, en outubro chegaron a un acordo para rescindir o seu contrato.[4] Voltou á NBA, onde acadou 9.5 puntos, 5.5 rebotes e 1.2 asistencias en 64 partidos xogados na tempada 2011-12.
Notas [editar]
- ↑ Fittipaldo, Ray (2009-07-17). "Blair, Spurs reach a deal". Pittsburgh Post-Gazette. http://www.post-gazette.com/pg/09198/984532-142.stm. Consultado o 2009-07-17.
- ↑ Monroe, Mike (2009-10-29). "Spurs show off deep rotation in opener". Express News. http://www.mysanantonio.com/sports/spurs/Spurs_show_off_deep_rotation_in_opener.html. Consultado o 2009-10-29.
- ↑ Spurs’ Blair to play in Russia during lockout
- ↑ Krasnye Krylya Samara released DeJuan Blair