DaJuan Summers
| Los Angeles Clippers – No. 35 | |
| Aleiro | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 24 de xuño de 1988 (24 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
| Peso | 109 kg (240 lb) |
| Información da carreira | |
| Universidade | Georgetown (2006–2009) |
| NBA Draft | 2009 / Rolda: 1 / Elección: 35
Escollido por Detroit Pistons |
| Carreira | dende 2009 |
| Historial de equipos | |
| Detroit Pistons (2009-2011) Montepaschi Siena (2011) New Orleans Hornets (2011-2012) Maine Red Claws (2012-2013) Los Angeles Clippers (2013-presente) |
|
| Información en nba.com | |
DaJuan Michael Summers, nado o 24 de xaneiro de 1988 en Baltimore, Maryland, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga actualmente nos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA). Con 2,03 metros de altura, xoga na posición de aleiro.
Índice |
Traxectoria [editar]
Universidade [editar]
Xogou durante tres tempadas cos Hoyas da Universidade de Georgetown, nas que conseguiu 11,2 puntos e 4,4 rebotes por partido.[1] Na súa primeira tempada foi incluído no mellor quinteto rookie da Big East Conference e no mellor quinteto do torneo, tras facer 9,2 puntos e 3,7 rebotes, sendo titular en 34 dos 37 partidos disputados.[2] A súa actuación máis salientable produciuse nos cuartos de final da NCAA ante North Carolina, conseguindo 20 puntos e 6 rebotes.[3]
Na súa segunda tempada conseguiu ser incluído no segundo mellor quinteto do distrito, ao conseguir 11,1 puntos, 5,4 rebotes e 1,5 asistencias por partido. Conseguiu a súa mellor marca persoal de anotación ante South Florida, con 24 puntos, aos que engadiu 9 rebotes.[4] Xa na súa derradeira tempada acadou as dobres figuras en 25 ocasións, incluídos 19 partidos consecutivos, para rematar con 13,6 puntos e 4,1 rebotes por partido. Ao remate da tempada declarouse elixible para o draft da NBA.[5]
Profesional [editar]
Foi elixido na 35ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Detroit Pistons,[6] cos que xogou a liga de verán de Las Vegas, conseguindo en 5 encontros 18,0 puntos e 5,4 rebotes por partido.[7]
En xullo de 2011, asinou co Montepaschi Siena por dúas tempadas.[8] Porén, deixou o equipo en outubro de 2011.[9] En decembro volveu á NBA cos New Orleans Hornets, e foi cortado polo equipo o 8 de febreiro de 2012.
Notas [editar]
- ↑ DaJuan Summers Stats - Georgetown Hoyas - College Basketball
- ↑ DRAFT 2009 Prospects -DaJuan Summers
- ↑ Georgetown Hoyas vs. North Carolina Tar Heels - Box Score - March 25, 2007
- ↑ South Florida Bulls vs. Georgetown Hoyas - Box Score - February 05, 2008
- ↑ Georgetown's Summers declares for NBA draft
- ↑ 2009 NBA Draft
- ↑ NBA.com 2009 NBA Summer League Player Profile DaJuan Summers
- ↑ Montepaschi announces former Pistons DaJuan Summers
- ↑ Summers, Montepaschi Siena Part Ways
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha de Summers en NBA.com
- Estatísticas de DaJuan Summers
- Ficha de Summers en Basketpedya.com
- Estatísticas de Summers na NCAA
- Biografía de Summers
- Vídeos de Summers en YouTube.com