Byron Mullens
| Charlotte Bobcats – No. 22 | |
| Pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de febreiro de 1989 (24 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,13 m (7 ft 0 in) |
| Peso | 125 kg (275 lb) |
| Instituto | Canal Winchester |
| Información da carreira | |
| Universidade | Ohio State |
| NBA Draft | 2009 / Rolda: 1 / Elección: 24
Escollido por Dallas Mavericks |
| Carreira | dende 2009 |
| Historial de equipos | |
| Oklahoma City Thunder (2009–2011) →Tulsa 66ers (NBA D-League) (2009–2011) Panionios BC (2011) Charlotte Bobcats (2011-presente) |
|
| Información en nba.com | |
Byron James "B. J." Mullens, nado o 14 de febreiro de 1989 en Canal Winchester, Ohio, é un xogador profesional norteamericano de baloncesto que xoga actualmente nos Charlotte Bobcats da NBA.
Índice |
Traxectoria profesional [editar]
Mullens foi elixido na 24ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Dallas Mavericks. Os seus dereitos foron traspasados aos Oklahoma City Thunder a cambio da 25ª elección, Rodrigue Beaubois e unha futura elección de segunda rolda do Draft.
Durante o lockout da NBA de 2011, Mullens asinou co Panionios BC da liga grega.[1] Porén, deixou o equipo tras un mes en Grecia, dicindo que quería unirse aos seus compañeiros dos Thunder nos seus adestramentos voluntarios.[2]
O 19 de decembro de 2011, Mullens foi traspasado aos Charlotte Bobcats a cambio dunha elección de segunda rolda do Draft de 2013.[3]