Brandon Jennings
| Milwaukee Bucks – No. 3 | |
| Escolta | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 23 de setembro de 1989 (23 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,85 m (6 ft 1 in) |
| Peso | 77 kg (169 lb) |
| Salario | $2.168.520 |
| Información da carreira | |
| Pre-draft club | Lottomatica Roma |
| NBA Draft | 2009 / Rolda: 1 / Elección: 10
Escollido por Milwaukee Bucks |
| Carreira | dende 2008 |
| Historial de equipos | |
| Lottomatica Roma (2008–2009) (LEGA | |
| Información en nba.com | |
Brandon Jennings, nado o 23 de setembro de 1989 en Compton, California, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que pertence ao cadro de xogadores dos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA). Con 1,85 metros de alzada, xoga na posición de base.
É curmán do xogador de Memphis Grizzlies Marcus Williams.[1] Despois de graduarse na Academia Oak Hill decidiu xogar profesionalmente ao baloncesto en Italia en lugar de xogar na liga universitaria coa Universidade de Arizona.
Índice |
Traxectoria deportiva [editar]
Liga italiana [editar]
Tras formar parte en 2008 no prestixioso McDonald's All American Team,[2] ademais de conseguir na súa época de instituto case tódolos premios posibles a nivel individual, cunhas medias de 35,5 puntos e 6,8 asistencias por partido,[3] renunciou a senllos compromisos que tiña coas universidades de USC e Arizona por problemas de alcanzar o nivel académico, decidindo irse a xogar unha tempada á Lottomatica Roma da liga italiana.[4]
En Roma xogou 27 partidos de liga, nos que fixo 5,5 puntos e 2,3 asistencias, ademais de 2,1 roubos de balón, único aspecto no cal apareceu nos rankings da liga entre os 20 mellores.[5] O seu mellor rexistro anotador conseguiuno na Euroliga, nun partido ante Unicaja de Málaga, no que anotou 17 puntos.[3]
Polémica con Ricky Rubio [editar]
En xuño de 2009, Jennings fixo unhas polémicas declaracións nas que deixaba en mal lugar ao base español Ricky Rubio, comparándoo con el mesmo:
Poucos días despois, tras darse conta da magnitude das súas palabras, pediu perdón publicamente a través do seu Twitter:
NBA [editar]
Foi elixido na décima posición do Draft da NBA de 2009 por Milwaukee Bucks.[7] O 15 de Novembro de 2009, converteuse no xogador máis novo da historia en anotar máis de 50 puntos no mesmo partido (55 puntos ante os Golden State Warriors)
Notas [editar]
- ↑ Brandon Jennings: 'I Can Run a Team'
- ↑ McDonald's All American Teams
- ↑ 3,0 3,1 NBA.com - DRAFT 2009 Prospects - Brandon Jennings
- ↑ A estrela universitaria Brandon Jennings rompe coa NCAA e márchase a Italia
- ↑ Estatísticas de Jennings en Roma
- ↑ Brandon Jennings "racha" de Ricky Rubio
- ↑ 2009 NBA Draft
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||