Saski Baskonia
|
||
|---|---|---|
| Competición | Liga ACB | |
| Fundado | 1959 | |
| Cidade | ||
| Pavillón | Fernando Buesa Arena (9.717) | |
| Cores | Branco, vermello, azul | |
| Historia | CD Basconia (1959-1983) Caja Alava (1983-1986) Tau Cerámica (1986-2009) |
|
| Presidente | Josean Querejeta | |
| Adestrador | Duško Ivanović | |
| Copa Saporta | 1 (1996) | |
| Liga ACB | 3 (2002, 2008, 2010) | |
| Copa do Rei | 6 (1995, 1999, 2002, 2004, 2006, 2009) | |
| Supercopa | 4 (2006, 2007, 2008, 2009) | |
| Patrocinador | Laboral Kutxa | |
| Mascota | Aker | |
| Sitio Web | www.baskonia.com | |
O Saski Baskonia S.A.D. é un club de baloncesto profesional vasco da cidade de Vitoria-Gasteiz, denominado por motivos de patrocinio Laboral Kutxa. Foi fundado en 1959 baixo o nome de Club Deportivo Vasconia, denominación que mantivo ata 1976. Ese ano, José Luis Sánchez Erauskin, quen daquela era presidente, trocou o "V" polo "B", pasando o club a denominarse C.D. Basconia. Entre 1984 e 1986 foi patrocinado por "Caja de Álava", dende 1987 ata 2009 estivo patrocinado pola empresa de cerámicas Taulell, dende 2009 a 2013 pola caixa vasca "Caja Laboral", e dende 2013, pola caixa vasca "Laboral Kutxa".
O Baskonia compite na Liga ACB española, sendo nos últimos anos converteuse un dos clubs máis potentes do baloncesto español e europeo. A súa cancha de xogo é o Fernando Buesa Arena, un pavillón que conta cunha capacidade para 9.900 espectadores. O presidente do club é dende setembro de 1988 o ex-xogador Josean Querejeta.
Índice |
Historia[editar]
Comezos[editar]
O equipo de baloncesto Saski Baskonia naceu en 1959 como a sección de baloncesto do Club Deportivo Vasconia, presidido por Félix Ullivarriarrazua.Na súa primeira tempada o club foi adestrado por Vicente Elejalde, acabando ese ano no segundo lugar do Campionato Provincial de Álava. Durante os anos 1960 o Baskonia foi un dos equipos máis puxantes desa categoría, conseguindo finalmente en 1970 a primeira posición no campionato de Terceira División.[1]
Ascenso á Primeira División[editar]
A partir da vitoria na Terceira División, o Vasconia consegue o ascenso á máxima categoría do baloncesto nacional. Xa na Primeira División, no seu primeiro encontro da man do adestrador Pepe Laso, conseguen o seu primeiro triunfo tras bater aos galegos do Breogán de Lugo por 92 a 71. En 1977 o presidente José Luis Sánchez Erauskin troca o nome do equipo cambiando o V por un B, pasando a chamarse Basconia-Schweppes. Tres anos despois, en 1981 o equipo descende á "Primeira B", aínda que conseguindo retornar en tan só unha tempada.[1]
Regreso á elite[editar]
O regreso á elite do Saski Baskonia coincidiu coa creación da Asociación de Clubs de Baloncesto e a nova e completamente profesional Liga ACB en 1983. Dous anos despois o club consegue o seu primeiro título, a Copa Asociación, un trofeo disputado entre os eliminados na primeira rolda dos play-offs polo título, gañando o Arabatxo Baskonia ao CAI Zaragoza na final por 93 a 85. Esta competición só se disputou ese ano, o que convirte ao Saski no único campión, con todo a Copa Príncipe de Asturias é considerada a súa sucesora oficial.
Esta vitoria permitiu ao equipo participar por primeira vez en competicións europeas, debutando cun triunfo fronte ao Super Cracks neerlandés e unha posterior derrota fronte ao Villeurbanne. En 1987 comezaría o patrocinio de compañía de cerámica Taulell S.A., que patrocinou ao club cos nomes de Taugré e TAU Cerámica até o ano 2009. O ano seguinte tamén supuxo un cambio importante na estrutura do club, xa que da man do presidente Josean Querejeta, o Taugrés convértese na primeira asociación anónima deportiva do estado, pasándose a denominar oficialmente Saski Baskonia S.A.D.[1]
Converténdose nunha potencia[editar]
Co comezo da década, a normativa da ACB que obriga a que os pavillóns teñan capacidade para máis de 5.000 espectadores, leva ao club a trasladarse dente o Pavillón de Mendizorroza ao Pavillón Araba. Co troco do estadio os resultados deportivos non tardarían en chegar, en 1991 o Taugrés volve a Europa, acudindo dende ese ano de xeito regular.
O primeiro gran título chegou finalmente en 1995, gañando o Taugrés a Copa do Rei tras vencer na final celebrada en Granada ao Amway Zaragoza por 88 a 80. Pablo Laso do Baskonia foi nomeado MVP. Ao ano seguinte un novo título chegou ás vitrinas dos vitorianos, a Copa Saporta, tras vencer na final por 88 a 81 ao PAOK Tesalónica BC grego. Durante os anos noventa volveu a conseguirse un título, outra Copa do Rei de 1999, esta vez tras gañar ao Caja San Fernando por 70 a 61 en Valencia. O ano 1999 tamén é salientable dentro da historia do club, descantando a ampliación do Buesa Arena até 9.500 espectadores e o debut dos vascos na máxima competición continental, a Euroliga.[1]
Chegan os éxitos[editar]
Por fin na temporada 2001-02 chegou a primeiro título de liga ao Baskonia. Trala chegada de Duško ,Ivanović lendario ex-xogador da Jugoplastika, ao banco como adestrador, conseguiron impoñerse na final do campionato ao Unicaja Málaga por un contundente 0 a 3. Chegando tamén ese mesmo á final da Euroliga, aínda que con peor resultado, xa que perderon na final, no quinto partido de dempate, fronte á Kinder Bologna de Italia.
Outros éxitos que chegaron durante o comezo do milenio foron tres Copas do Rei (2002, 2004, 2006), catro Supercopas (2006, 2007, 2008, 2009) e un novo título de liga en 2008, tras vencer na final ao FC Barcelona de novo por 0 a 3. Ademais, aínda que non volveu a conseguir un título a nivel europeo, chegou a disputar tres Final Four da Euroliga, Moscova 05, Praga 06 e Atenas 07.
Xogadores[editar]
Cadro actual[editar]
| Laboral Kutxa 2012-2013 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Xogadores | Adestradores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Palmarés individual[editar]
|
MVP da ACB
Xogador Revelación
MVP da Final da ACB
MVP da Copa do Rei
MVP da Supercopa
Campión do Concurso de Triplas
|
Primeiro quinteto da ACB
Primeiro quinteto da Euroliga
Segundo quinteto da Euroliga
|
Palmarés[editar]
Títulos internacionais[editar]
-
- 2000-2001 Subcampión (Campión Kinder Boloña)
- 2004-2005 Subcampión (Campión Maccabi Tel-Aviv)
- 2005-2006 Terceiro posto (derrota contra o Maccabi Tel-Aviv en semifinais e vitoria contra o F.C.Barcelona no 3º e 4º posto)
- 2006-2007 Cuarto posto (derrota contra o Panathinaikos en semifinais e contra Unicaja Málaga no 3º e 4º posto)
- 2007-2008 Cuarto posto (derrota contra o CSKA Moscova en semifinais e contra Montepaschi Siena no 3º e 4º posto)
- Copa de Europa (antiga Recopa) 1 título
-
- 1993-1994 Subcampión (Campión Smelt Olimpija de Ljubliana)
- 1994-1995 Subcampión (Campión Benetton de Treviso)
- 1995-1996 Campión (Subcampión PAOK Tesalónica)
Títulos nacionais[editar]
- Liga ACB: 3 títulos
-
- 1997-1998 Subcampión (Baskonia 1 - 3 TDK Manresa)
- 2001-2002 Campión (Unicaja Málaga 0 - 3 Baskonia)
- 2004-2005 Subcampión (Baskonia 2 - 3 Real Madrid)
- 2005-2006 Subcampión (Unicaja Málaga 3 - 0 Baskonia)
- 2007-2008 Campión (F.C. Barcelona 0 - 3 Baskonia)
- 2008-2009 Subcampión (Baskonia 1 - 3 F.C. Barcelona)
- 2009-2010 Campión (F.C. Barcelona 0 - 3 Baskonia)
- Copa do Rei: 6 títulos
-
- 1993-1994 Subcampión (F.C. Barcelona 86 - 75 Baskonia)
- 1994-1995 Campión (Baskonia 88 - 80 Amway Zaragoza)
- 1998-1999 Campión (Baskonia 70 - 61 Caja San Fernando)
- 2001-2002 Campión (Baskonia 85 - 83 F.C. Barcelona)
- 2002-2003 Subcampión (F.C. Barcelona 84 - 78 Baskonia)
- 2003-2004 Campión (Baskonia 81 - 77 DKV Joventut)
- 2005-2006 Campión (Baskonia 85 - 80 Pamesa Valencia)
- 2007-2008 Subcampión (DKV Joventut 82 - 80 Baskonia)
- 2008-2009 Campión (Baskonia 100 - 98 Unicaja de Malaga)
- Supercopa de España: 4 títulos
-
- 2005-2006 Campión (Baskonia 61 - 55 C.B. Granada)
- 2006-2007 Campión (Baskonia 83 - 78 Unicaja Málaga)
- 2007-2008 Campión (Baskonia 85 - 73 Iurbentia Bilbao)
- 2008-2009 Campión (Baskonia 86 - 85 CAI Zaragoza)
Nomenclatura de patrocinio[editar]
Fóra de España, o club foi a miúdo coñecido como TAU Cerámica Baskonia,[2][3] unha marca comercial de cerámica manufacturada pola compañía valenciana Taulell S.A, cuxo nome patrocinou ao club dende 1986 a 2009. Orixinariamente, Taulell utilizaba un nome distinto doutra marca comercial súa para patrocinar ao equipo, Taugrés, antes de cambiar a TAU Cerámica Baskonia en 1997.[4] Ademais dos xa citados, TAU, Baskonia e TAU Baskonia eran nomes frecuentes para referirse ao club. Cómpre sinalar que o nome oficial do club é Baskonia, Saski Baskonia, ou de xeito completo Saski Baskonia S.A.D. En 2009, a cooperativa de aforro e crédito vasco "Caja Laboral" (en lingua castelán: Caja Laboral Popular Sociedad Cooperativa de Credito ou en éuscaro: Lan Kide Aurrezkia - Euskadiko Kutxa) converteuse na nova denominación de patrocinador do club, incrementando a cantidade de cartos cos que o patrocinador contribúe ás arcas do club. O 27 de abril de 2013, "Laboral Kutxa" converteuse no novo patrocinador do Baskonia, tras a fusión de Caja Laboral e Ipar Kutxa.[5]
Historial[editar]
- 1959-1969: Categoría provincial.
- 1969-1970: Terceira División española.
- 1970-1971: Segunda División española.
- 1972-1973: Primeira División da Liga Española de Baloncesto.
- 1981-1982: Segunda División española.
- 1982-1983: Primeira División da Liga Española de Baloncesto.
- 1983-presente: Liga ACB.
