Rapa Nui
| Rapa Nui | |
|---|---|
| Título orixinal | Rapa Nui |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Kevin Reynolds |
| Produtor | Kevin Costner Barrie M. Osborne |
| Guión | Kevin Reynolds Tim Rose Price |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Jason Scott Lee Esai Morales Sandrine Holt Pete Smith Cliff Curtis Eru Potaka-Dewes Gordon Hatfield Lawrence Makoare Emilio Tuki Hito |
| Música | Stewart Copeland |
| Fotografía | Stephen Windom |
| Montaxe | Peter Boyle |
| Estudio | Regency Enterprises |
| Distribuidor | Warner Bros. |
| Ano | 1994 |
| Duración | 107 minutos |
| País | |
| Xénero | Drama, Drama romántico, Natureza |
| Orzamento | $20.000.000[1]. |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Rapa Nui é un filme dirixido por Kevin Reynolds e co-producido por Kevin Costner que foi estreado nos cines en 1994. O argumento está baseado nas lendas rapanui da Illa de Pascua, Chile, e conta a historia de dous namorados na época da construción das enormes esculturas moai e do culto Tangata Manu.
Índice |
Argumento [editar]
En 1722, o holandés Jacob Roggeveen descubriu unha illa no Pacífico Sur, cuxos habitantes chamaban Rapa Nui, e bautizouna como Illa de Pascua. 42 anos antes, un enfrontamento entre as clases sociais indíxenas convulsionou toda a illa. Os Orellas Curtas, clase inferior, construían as famosas estatuas moai por orden da clase nobre, os Orellas Longas. Só os Orellas Longas participaban na competición anual que determinaba quen sería o novo Ariki-mau ou Home Paxaro (o líder da illa durante un ano). Noro (Jason Scott Lee), é un dos mozos que competirá no próximo certame, e está namorado dunha rapaza dos Orellas Curtas, Ramana (Sandrine Holt). O seu amor só será posible se el supera a proba e ela acepta pasar as lúas que restan ata o día da competición dentro dunha escura e pequena cova. Por outro banda, o mellor amigo de Noro, Make, é un Orellas Curtas. El tamén está namorado de Ramana, pero o seu amor non é correspondido, polo que reta ó Ariki-mau a participar na carreira con ela como premio. A cambio, os Orellas Curtas deberán rematar un novo moai para que Make poida participar, e no caso de que este perdese terá que pagalo coa súa vida.
Personaxes [editar]
- Jason Scott Lee como Noro
- Esai Morales como Make
- Sandrine Holt como Ramana
- Eru Potaka-Dewes como Ariki-mau
- Gordon Hatfield como Riro
- Lawrence Makoare como Atta
Exactitude histórica [editar]
O filme pode considerarse una historia condensada do colapso da civilización da Illa de Pascua, xa que o argumento mestura elementos de dous períodos: a era da construción dos moai, e o posterior culto do Tangata Manu ou Home-Paxaro. Se o conflito entre os Orellas Longas e os Orellas Curtas foi real, este ocorreu moito antes de que comezase o culto do Home-Paxaro.
O nome Rapa Nui, frecuentemente empregado, non é o nome nativo orixinal da illa; é máis probable que sexa Te Pito te Henua ("o embigo do mundo"), termo empregado no filme.[2]
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns Externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)