Illas Marquesas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 09°18′06″S 139°29′21″W / 9.30167°S 139.48917°W / -9.30167; -139.48917

Illas Marquesas
Bandeira das Illas Marquesas Coats of arms of None.svg
Bandeira Escudo
Localización
Mapa das Illas Marquesas

Illas Marquesas
Datos
Capital Taiohae
País Francia
Linguas Francés, Marquesano
Poboación (2002) 8.712 hab.
Superficie 1.274 km²
Densidade 6´84 hab./km²
Concellos
Coordenadas 9°18′6″S 139°29′21″W / 9.30167°S 139.48917°W / -9.30167; -139.48917
Maior Altura

As Illas Marquesas é un arquipélago na Polinesia Francesa. Recibiron o seu nome do español Álvaro de Mendaña que as descubriu en 1595, chamándoas «Illas Marquesas de Mendoza» en honra ao vicerrei de Perú, García Hurtado de Mendoza e Manríquez, marqués de Cañete. En francés, Îles Marquises.

As illas son o maior arquipélago de todos os que forman a Polinesia Francesa, cuns 1.274 km² e uns 8.712 habitantes en 2002. Pero ese número e moi inferior á poboación estimada para as illas no século XVI, cando existian unhas cen mil persoas. A grande caída de poboación entre os anos 1600 e 1900 deveuse a epidemias de varíola. En 1900 o total de habitantes estaba reducido a dous mil persoas.

Están situadas entre 700 e 1.000 quilómetros ao sur do ecuador e a uns 1.800 quilómetros ao nordés de Tahití. Divídense en dous grupos: o do norte, ao redor da illa de Nuku Hiva e as pequenas Ua Pou e Ua Huka; e o grupo meridional de Tahuata, Moho Tani e Fatu Hiva, que rodean a illa principal de Hiva Oa.

As marquesas foron inspiración de Herman Melville, cuxas experiencias nas illas foron a base das súas novelas Typee e Omoo.

En lingua marquesana chámase Te Henua (K)enana (na lingua marquesa do norte) e como Te Fenua `Enata (na lingua marquesa do sur) que significa "A terra dos homes". Pero máis exacto sería «o país dos marquesanos». Tamén se utiliza Makuita como equivalente fonético de Marquises.

Nas Illas Marquesas fixaron a súa residencia os artistas de orixe francesa Paul Gauguin e Paul Lapín.

Illas[editar | editar a fonte]

Consta de seis illas, seis illotes e algúns bancos de area e escollos, que se dividen en dous grupos diferenciados xeográfica e culturalmente. De norte a sur son (entre paréntese outros nomes históricos):

  • Grupo Norte (illas Wáshington, illas Revolución)
    • Motu One (Sabre), illa de area deshabitada.
    • Hatutu (Chanal, Hancock, Langdon), illote deshabitado
    • Eiao (Fremantle, Knox, Masse, Robert), illote deshabitado.
    • Motu Iti (Deux-Frères, Hergest´s Rock), illote deshabitado.
    • Nuku Hiva (Federal, Baux, Henry Martin, Adams, Madison), coa capital Taiohae.
    • Ua Huka (Washignton, Riou)
    • Ua Pou (Adams, Marchand, Trevenen)

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros poboadores das Marquesas foron os polinesios, ao redor do ano 300 dC. Segundo as evidencias etnolóxicas e as relacións lingüísticas, o máis probable é que chegasen desde Samoa.

O primeiro europeo que as visitou foi o español Álvaro de Mendaña en 1595. Na súa viaxe de Perú ás illas Salomón atopou as illas do grupo sur: Magdalena (Fatu Hiva), Dominica (Hiva Oa), Santa Cristina (Tahuata) e San Pedro (Moho Tani).

Pasaron case dous séculos sen máis visitas estranxeiras ata que chegou James Cook en 1774, para quedar máis dun mes repousando logo de explorar a costa da Antártida.

En 1791, o norteamericano Joseph Ingraham, descobre as illas do grupo norte: Wáshington (Ua Huka), Federal (Nuku Hiva) e Adams (Ua Pou).[1] Chama ao grupo illas Wáshington, diferenciándoas das illas de Mendaña. Dous meses máis tarde chega o francés Etienne Marchand na segunda volta ao mundo francesa en plena Revolución. Toma posesión do arquipélago en nome de Francia. Bautiza ao grupo norte illas Revolución e bautiza ás illas cos nomes dos seus oficiais: Marchand (Ua Pou), Baux (Nuku Hiva), Deux Frères (Motu Iti), Masse (Eiao) i Chanal (Hatutu).

En 1813, durante a guerra anglo-americana, o norteamericano David Porter estableceu unha base naval na illa Madison (Nuku Hiva), nome do presidente estadounidense. Pero logo da guerra, os Estados Unidos non ratificaron a toma de posesión.

En 1842, o francés Du Petit-Thouars toma posesión do arquipélago. Un espectador é o escritor Herman Melville que despois escribirá a súa primeira novela, Typee, explicando as súas aventuras. Os franceses utilizaron uns anos as illas como penal e, máis tarde (en 1958), incorpóranas ao territorio da Polinesia Francesa.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Illas Marquesas no Océano Pacífico

A superficie total é de 1.274 km². A illa máis grande é Nuku Hiva, a segunda máis grande da Polinesia Francesa logo de Tahití.

Coa excepción de Motu One, todas as illas de As Marquesas son de orixe volcánica cun relevo escarpado e sen arrecifes de coral que protexan a costa. Desde as cimas e altiplanos a máis de 1.100 m de altitude baixan directamente os cantís ata o fondo do mar, atacados e erosionados constantemente pola corrente sur-ecuatoriana do Pacífico. A costa ten aspecto de muralla con profundas covas, cortada nunhas poucas baías, e case sen chairas litorais. As cadeas montañosas están cortadas por algúns vales estreitos e illados.

Esta orografía con alicerces de rocas basálticas queda reflectida na toponimia: Hiva Oa, 'longa crista'; Nuku Hiva, 'crista do cantil'; Fatu Iva, 'nove rocas'; Fatu Huku, 'anaco de pedra'; Ua Pou, 'dous picos', e a sorprendente baía das Vergas que os misioneiros cambiaron a Virxes.

O réxime de choivas é moi variable entre illas e dun ano para outro. Os ventos alisios moderan a temperatura e achegan choiva. A precipitación é máis abundante nas costas occidentais a sotavento, e as costas orientais a barlovento son máis peladas e máis inhóspitas.

Flora e fauna[editar | editar a fonte]

O ecosistema das Marquesas está marcado pola gran distancia a terras continentais que fai que as especies endémicas sexan escasas. Ademais, foi devastado nalgunhas áreas pola actividade humana, a gandería e a introdución de especies foráneas. As illas teñen unha fauna mariña diversa, unha fauna terrestre endémica bastante limitada, e unha flora diversa cun alto grao de endemismo.

As quenllas abundan nas augas profundas. A fauna terrestre endémica limítase a aves, insectos, bolboretas, arañas e unha especie de morcego.

Os primeiros navegantes polinesios levaron cans e porcos. O contacto con europeos trouxo a introdución de cabalos, cabras, ovellas e ratos, e tamén insectos como mosquitos e escorpións.

Hai árbores do pan e cocos. As exportacións principais son copra, tabaco, algodón e vainilla.

Demografía[editar | editar a fonte]

Floresta tropical en Fatu Hiva, Illas Marquesas

O contacto cos navegantes trouxo novas enfermidades reducindo drasticamente a poboación das illas. No século XVI estímase que había unha poboación de 100.000 habitantes aproximadamente. A principios do século XX reduciuse a un mínimo de 2.000.

Durante o século XX a poboación foise recuperando. No censo do 2002 contábanse 8.712 habitantes.

Comunicacións[editar | editar a fonte]

Nas Marquesas hai catro aeroportos, situados nas illas de Nuku Hiva, Ua Pou, Ua Huka e Hiva Oa.

Cultura[editar | editar a fonte]

As illas Marquesas foron un importante centro da civilización da Polinesia oriental. Debido á orografía das illas, cada val constituía unha unidade tribal co seu propio sistema social dirixido polas xenealoxías dos xefe e dos sacerdotes. O illamento dos vales provocaba interminables guerras tribais marcando o carácter guerreiro dos marquesanos. Practicaban o canibalismo ritual cos inimigos prisioneiros.

As épocas de fame eran frecuentes logo de períodos de seca, pero tamén eran provocadas polas prácticas vingativas nas guerras onde se destruían os cocos e as árbores do pan nos vales inimigos.

Aínda que a práctica de tatuarse é común en toda a Polinesia, nas Marquesas chegou a un alto grao de sofisticación. Os homes tatuábanse totalmente da cabeza aos pés, adquirindo unha cor azulado e feroz.

Aínda que as Marquesas foron das primeiras illas que descubriron os europeos na Polinesia, durante dous séculos quedaron fóra das rutas de exploración e da influencia cultural occidental. A cultura nativa marquesana quedou devastada logo da chegada dos exploradores europeos. Ademais da actividade dos misioneiros cristiáns, hai que atribuír o colapso cultural aos efectos catastróficos das enfermidades importadas. Pero o seu redescubrimento relativamente tardío impresionou.

A partir da experiencia de Herman Melville como tripulante dun baleeiro, e como desertor nas Marquesas, escribiu a súa primeira novela, Typee, considerada como a primeira do xénero da literatura dos mares do sur.

Robert Louis Stevenson e Jack London seguiron os pasos de Melville, e as súas viaxes tamén quedaron reflectidos nos seus libros.

O famoso pintor francés Paul Gauguin e o cantante belga Jacques Brel pasaron os últimos anos da súa vida nas Marquesas onde están enterrados. Brel compuxo aquí a canción Lles Marquises.

O investigador e aventureiro Thor Heyerdahl escribiu o seu libro Fatu Hiva logo de estar un longo ano nesta illa. Foi a base das súas teorías e investigacións sobre as migracións mariñas prehistóricas.

Hoxe en día a cultura marquesana é unha mestura do rexurdimento da antiga cultura, con fortes influencias da cultura tahitiana, e da politicamente importante cultura francesa.

Notas[editar | editar a fonte]


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]