Hipotenusa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A hipotenusa é o lado maior dun triángulo rectángulo, e tamén o lado oposto ao ángulo recto. É posible descubrir a medida da hipotenusa mediante o teorema de Pitágoras, que a relacona cos dous catetos.
Índice |
Orixe do termo[editar]
A palabra hipotenusa deriva, de acordo con algunas fontes, do grego antigo ὑποτείνουσα, unha combinación de hipo ("embaixo") e teinein ("alongar")[1]. Outros autores suxiren que o significado orixinal en grego foi debido a un obxecto que soporta algo, ou da combinación de hipo ("embaixo") e tenuse ("lado")[2].
Propiedades[editar]
Teorema de Pitágoras[editar]
- Artigo principal: Teorema de Pitágoras.
O teorema de Pitágoras relaciona a lonxitude da hipotenusa coa dos catetos, e di o seguinte:
-
- "A hipotenusa ao cadrado é igual á suma dos cadrados dos catetos."
- Que é o mesmo que dicir:
-
- "A hipotenusa é igual á raíz cadrada da suma dos cadrados dos catetos."
Notas[editar]
- ↑ Schwartzman, Steven The Words of Mathematics, An Etymological Dictionary of Mathematical Terms used in English, Publicado pola Asociación de matemáticos dos Estados Unidos (en inglés).
- ↑ Romping Through Mathematics, Anderson, Raymond. (1947) (en inglés).
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coas matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coas matemáticas que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |

