Pobo rapanui
| Rapanui | |
|---|---|
| Danza tradicional do pobo rapanui | |
| Poboación total: | |
| 5.682 | |
| Poboacións importantes en: | |
| Illa de Pascua, |
|
| Lingua: | |
| Lingua rapanui | |
| Relixión | |
| Grupos étnicos relacionados: | |
| Oparoan, Tahitianos | |
Rapanui é o nome dunha etnia habitante da illa de Pascua. A denominación de rapanui fíxose posteriormente extensiva para nomear tanto ó pobo aborixe como ó seu idioma (rapanui) e á illa que habitan.
Índice |
Descrición [editar]
O pobo rapanui descende dos primeiros poboadores procedentes da Polinesia.
A sociedade rapanui, era gobernada polo ariki, con ascendencia atribuída directamente dos deuses; e estaba dividida en tribos e con clases moi estratificadas. Cada tribo ocupaba unha zona, sempre con franxa costeira. A maior parte da poboación vivía cara o interior, xunto ás áreas de cultivo. No litoral establecían centros relixiosos, políticos e cerimoniais (Anakena, Akahanga) e adoraban ós antergos case deificados representados polos moai.
Estímase que a poboación de Rapa Nui, sufriu unha crise de superpoboación nos séculos XVII e XVIII, o que tería provocado guerras entre as tribos, coa conseguinte destrución dos lugares cerimoniais e o abandono das canteiras nas que tallaban os moai. Os nativos comenzaron a vivir en covas e deberon padecer a escaseza de alimentos. Xorde un novo cerimonial: o do Tangata Manu (home-paxaro).
O primeiro contacto dos rapanui con algún occidental tivo lugar o 5 de abril de 1722, cando o navegante neerlandés Jacob Roggeween chegou á illa.
Censo do 2002 [editar]
A poboación da Illa de Pascua no censo realizado no 2002 era de 3.791.[1] 60% eran Rapanui, a poboación chilena e a procedente de Europa era do 39%, e o restante 1% eran amerindios de Chile.
Notas [editar]
- ↑ Primeiros datos do Censo. Estrellavalpo.cl (2002-06-11). Retrieved on 2010-11-06.