Hanga Roa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hanga Roa
Mapa
Situación de Hanga Roa en la Isla de Pascua
Información
País Flag of Chile.svg Chile
Rexión V de Valparaíso
Provincia Illa de Pascua
Superficie n/d
Poboación 3.304 hab (2002)
Xentilicio Pascuense ou hangués

Hanga Roa (do rapanui: "baía longa" ) é a principal cidade, porto e a capital da provincia de Illa de Pascua, en Chile. Practicamente a totalidade dos habitantes pertencentes a esta comuna localízanse neste poboado situado ao suroeste da illa, nas terras baixas entre os volcáns extintos de Maunga Terevaka e Rano Kau.

Segundo o censo de 2002, a poboación de Hanga Roa era de 3.304 habitantes, o que supón máis do 87% da poboación total da Illa de Pascua.

Vista dun moai e, ao fondo, o pobo de Hanga Roa.

Posúe unha rúa principal en dirección norte-sur, a avenida Atamu Tekena, chamada así en honra ao heroe local Atamu Tekena, anteriormente coñecida como avenida Policarpo Toro, nomeada en memoria do Capitán Policarpo Toro, oficial naval chileno que anexionou a Illa de Pascua a Chile en 1888. Esta rúa é o centro da cidade, posúe moitas tendas, hoteis, restaurantes, o único supermercado da illa e a farmacia. Na intersección con Te Pito Te Henua, sitúanse os edificios públicos e o resto do comercio.

Ao norte da cidade, na zona de Tahai, atópase o Museo Antropolóxico Padre Sebastián Engler. Nesa mesma zona poden visitarse tres plataformas sacras que foron restauradas co fin de presentar os moais tal como os podiamos ver cando foron emprazados por primeira vez, así como unha tradicional casa-cova sacerdotal.

A principal actividade da localidade é o turismo, principalmente para ver os moais da illa. Hanga Roa, recibe practicamente na súa totalidade, turistas a través do Aeroporto Internacional Mataveri -cuxa construción se comezou en 1965-, ao que chegan avións de LAN Airlines, a aerolínea nacional chilena, que ofrece voos directos a Santiago e Papeete (en Tahití, Polinesia Francesa) e é a única aeroliña comercial que con regularidade voa á illa.

Aparte do turismo, outras actividades en Hanga Roa son a pesca, a agricultura e a administración (xa que varios departamentos chilenos de goberno incluíndo a Armada de Chile manteñen establecementos aquí, a illa máis occidental de Chile).

Praia Pea, é unha pequena praia situada no lado sur da caleta de Hanga Roa.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Hanga Roa