Forza de Protección das Nacións Unidas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emblema da UNPROFOR.

A Forza de Protección das Nacións Unidas (United Nations Protection Force), máis coñecida polas súas siglas en inglés UNPROFOR, foi a primeira forza de mantemento da paz en Croacia e Bosnia e Herzegovina durante as guerras iugoslavas. Existiu desde o comenzo da participación da ONU, en febreiro de 1992, e a súa reestruturación noutras forzas, en marzo de 1995. A UNPROFOR estivo composta por uns 39.000 militares, 320 dos cales morreron neste servizo.

Persoal[editar | editar a fonte]

Formaron parte desta forza tropas de Arxentina, Bangladesh, Bélxica, Brasil, Canadá, Colombia, República Checa, Dinamarca, Eslovaquia, España, Estados Unidos, Exipto, Finlandia, Francia, Ghana, India, Indonesia, Irlanda, Italia, Kenya, Lituania, Malasia, Nepal, Nixeria, Noruega, Nova Zelandia, Países Baixos, Paquistán, Polonia, Portugal, Reino Unido, Rusia, Suecia, Suíza, Tunisia, Turquía, Ucraína, Venezuela e Xordania.

Os comandantes da UNPROFOR foron:

Oficiais maiores:

Mandato[editar | editar a fonte]

A UNPROFOR foi creada polo Consello de Seguridade da ONU.[2]

O mandato inicial da UNPROFOR era garantir as condicións para as conversacións de paz, w a seguridade en tres enclaves desmilitarizados designados como áreas protexidas das Nacións Unidas, localizadas na antiga república iugoslava de Croacia: Eslavonia Oriental, Eslavonia Occidental e a Krajina. Eran zonas con moita poboación serbia que tiña a súa propia organización, a República Serbia de Krajina, o que dera lugar a tensións e enfrontamentos.

En 1992 ampliouse o mandato ás chamadas "zonas rosa", controlando o acceso ás zonas protexidas,[3] control das fronteiras, control civil de acceso ás "zonas rosa",[4] e o control da desmilitarización da península de Prevlaka, preto de Dubrovnik.[5]

O único avión visíbel no aeroporto de Saraxevo, sen reparar desde o comezo da guerra. O aeroporto estaba na liña da fronte entre serbios e bosnios.

Outras ampliacións do mandato incluíran a protección do aeroporto de Saraxevo, desde xuño de 1992 (Resolución 758 [1]) e, a partir de setembro de 1992, a protección da axuda humanitaria en toda Bosnia e Herzegovina, e a protección dos refuxiados civís cando fora demandada pola Cruz Vermella Internacional (Resolución 770 [2]).

A UNPROFOR tamén estivo a cargo do control da aviación militar no espazo aéreo de Bosnia Herzegovina (por orde do Consello de Seguridade da ONU), en coordinación coas forzas da OTAN, na que foi a súa primeira intervención.

Tamén supervisou Bihac, Saraxevo, Goražde, Zepa, Srebrenica e Tuzla, que foron definidas como "áreas de seguridade" polo Consello de Seguridade da ONU. A UNPROFOR foi autorizada a utilizar a forza para protexer estas zonas se fose necesario, en coordinación coas forzas aéreas da OTAN. Isto ampliose posteriormente a zonas do territorio croata. Ademais controlou o alto ao fogo en Bosnia en febreiro de 1994 e xaneiro de 1995.

O 31 de marzo de 1995 a UNPROFOR foi reestruturada en tres operacións de paz coordinadas. E o 20 de decembro de 1995 fueron integradas na Forza de Implementación da OTAN (IFOR), cuxa tarefa consistía en poñer en práctica o Acordo Marco Xeral de Paz en Bosnia e Herzegovina, coñecido como os Acordos de Dayton.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Oportunidades para a paz: soldados canadenses nos Balcáns 1992-1995" (HTML). 2007. http://www.seanmmaloney.com/i0006.html. Consultado o 29/12/2011. "O Xeneral Jean Cot foi comandante da UNPROFOR en xullo de 1993. O Secretario Xeral Butros-Ghali reclamou ao Xeneral Cot a Francia en marzo de 1994. Dimitiu en xuño. Foi nomeado Gran Oficial da Lexión de Honor, premiado coa Cruz do Mérito da Repúbica Federal de Alemaña e coa Lexión do Mérito dos Estados Unidos" 
  2. Consello de Seguridade das Nacións Unidas, Resolución 743 S-RES-743 (1992) de 21 de febreiro de 1992
  3. Consello de Seguridade das Naciónes Unidas, Resolución 762 S-RES-762 (1992) de 30 de xuño de 1992
  4. Consello de Seguridade das Naciónes Unidas, Resolución 769 S-RES-769 (1992) de 7 de agosto de 1992
  5. Consello de Seguridade das Nacións Unidas, Resolución 779 S-RES-779 (1992) de 6 de outubro de 1992

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bethlehem, Daniel (1997). The "Yugoslav" crisis in International Law. Cambridge Grotius. ISBN 0-521-46304-1. 
  • Fenton, Neil (2004). Understanding the UN Security Council :coercion or consent?. Aldershot ; Burlington. ISBN 0-7546-4092-2. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Consultadas todas o 19/12/2011.