Lockheed Martin F-35 Lightning II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lockheed Martin F-35 Lightning II
F35A Prototyp AA1 3.jpg
Tipo avión furtivo de combate polivalente
Fabricante Lockheed Martin
Primeiro voo 15 de decembro do 2006
Introducido despois do 2016
Estado produción inicial
Produción 2006 - actualidade
Construídos 63

O Lockheed Martin F-35 Lightning II é unha familia de cazas polivalentes de quinta xeración, equipados cun único asento e motor, que están sendo desenvolvidos para tarefas de ataque a terra, recoñecemento e defensa aérea, e que teñen capacidade furtiva. O F-35 ten tres modelos principais; o F-35A é unha variante de despegue e aterraxe convencional, o F-35B pode realizar despegues curtos e aterraxes en vertical, e o F-35C pode operar en portaavións.

O F-35 descende do X-35, o produto do programa Joint Strike Fighter (JSF). O desenvolvemento do JSF está sendo financiado principalmente polos Estados Unidos, co financiamento adicional do Reino Unido e doutros gobernos socios. Estes países socios son ou membros da OTAN ou aliados dos Estados Unidos. Está sendo deseñado e fabricado por un equipo de empresas aeroespaciais lideradas por Lockheed Martin. O F-35 realizou o seu primeiro voo o 15 de decembro do 2006.

O Estados Unidos pretenden mercar un total de 2.443 exemplares para equipar ao groso do su poder aéreo táctico na Forza Aérea, a Mariña e o Corpo de Marines nas seguintes décadas. Reino Unido, Australia, Italia, Canadá, Países Baixos, Noruega, Turquía, Israel e Xapón tamén equiparán forzas aéreas e navais co F-35.