Editorial Hugin e Munin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Editorial Hugin e Munin

Editar o valor em Wikidata
TipoEditora
Fundación2011
LocalizaciónSantiago de Compostela
FundadorAlejandro Tobar
Na rede
http://www.huginemunin.gal/
Facebook: huginemunin Twitter: huginemunin Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Hugin e Munin é unha editorial galega aparecida a finais do ano 2011. Está localizada en Santiago de Compostela e orientada á tradución de literatura estranxeira ó galego. Os primeiros títulos da compañía foron Servizo de Correos e O forasteiro misterioso, obras dos americanos Charles Bukowski e Mark Twain respectivamente.

O responsable da editorial é o lugués Alejandro Tobar.[1]

A editorial tomou o nome da parella de corvos Hugin e Munin, da mitoloxía nórdica, que están asociados ó deus Odín.

Obras publicadas[editar | editar a fonte]

Entre os tradutores que colaboran decotío coa editorial cóntanse os nomes de Alejandro Tobar, Isabel Soto, Xavier Senín, María Fe González, Marta Dahlgren, Isaac Xubín, Alfonso Blanco Quintela e Rosa Marta Gómez Pato, Marie Abraira, Jairo Dorado Cadilla, Antía Veres e Diego Ameixeiras.

Polo momento, Hugin e Munin publicou obras traducidas dende o inglés, o francés, o italiano, o grego, o catalán, o sueco, o éuscaro, o castelán, o portugués, o alemán, o ruso, o croata, o latín, o dinamarqués, o aranés, o xaponés, o serbio e o bretón.

Colección principal[editar | editar a fonte]

Os tradutores Isabel Soto e Xavier Senín, xunto co editor Alejandro Tobar, durante a presentación da tradución de Locus Solus en Cambados.

É a colección destinada de maneira preferente aos subscritores, que naceu no ano 2011:

  1. Servizo de Correos (Post Office), de Charles Bukowski (2011), tradución do inglés de Alejandro Tobar. ISBN 978-84-939647-0-2.
  2. O forasteiro misterioso (The Mysterious Stranger), de Mark Twain (2011), tradución do inglés de Alejandro Tobar. ISBN 978-84-939647-1-9.
  3. Cita con Rama (Rendez-vous with Rama), de Arthur C. Clarke (2012), tradución do inglés de Alejandro Tobar. ISBN 978-84-939647-2-6.
  4. Venecias (Venises), de Paul Morand (2012), tradución do francés de Alejandro Tobar. ISBN 978-84-939647-3-3.
  5. Locus Solus (Locus Solus), de Raymond Roussel (2012), tradución do francés de Isabel Soto e Xavier Senín. ISBN 978-20-707188-6-3.
  6. Angel Esquire (Angel Esquire), de Edgar Wallace (2012), tradución do inglés de Alejandro Tobar. ISBN 978-84-939647-5-7.
  7. Unha vida violenta (Una vita violenta), de Pier Paolo Pasolini (2012), tradución do italiano de Gonzalo Vázquez Pereira. ISBN 978-84-939647-6-4.
  8. Oroonoko (Oroonoko), de Aphra Behn (2012), tradución do inglés de María Fe González. ISBN 978-84-939647-7-1.
  9. Un home do pobo (A Man of the People), de Chinua Achebe (2012), tradución do inglés de Begoña R. Outeiro. ISBN 978-84-939647-8-8.
  10. Elias Portolu (Elias Portolu), de Grazia Deledda (2012), tradución do italiano de Isabel Soto. ISBN 978-84-939647-9-5.
  11. A asasina (Η Φόνισσα), de Alexandros Papadiamandis (2012), tradución do grego de Susana Losada e Margarita Olivar. ISBN 978-84-941211-0-4.
  12. As valgadas bravas (Els sots feréstecs), de Raimon Casellas (2012), tradución do catalán de Eduard del Castillo Velasco. ISBN 978-84-941211-1-1.
  13. Maria (Maria), de Mary Wollstonecraft (2013), tradución do inglés de María Fe González. ISBN 978-84-941211-2-8.
  14. O afundimento do Titán (Futility, or the Wreck of the Titan), de Morgan Robertson (2013), tradución do inglés de Alejandro Tobar. ISBN 978-84-941211-3-5.
  15. A irmandade da uva (The Brotherhood of the Grape), de John Fante (2013), tradución do inglés de Adrián Estévez. ISBN 978-84-91211-4-2.
  16. O castelo dos Cárpatos[2] (Le Château des Carpathes), de Jules Verne (2013), tradución do francés de Alejandro Tobar. ISBN 978-84-938121-5-7.
  17. Mel de abellón (Hummelhonung), de Torgny Lindgren (2013), tradución do sueco de Marta Dahlgren. ISBN 978-84-941211-6-6.
  18. Pasaia blues (Pasaia blues), de Harkaitz Cano (2013), tradución do éuscaro de Isaac Xubín. ISBN 978-84-941211-7-3.
  19. Pescador de Islandia (Pêcheur d'Islande), de Pierre Loti (2014), tradución do francés de Xavier Senín. ISBN 978-84-939647-9-5.
  20. A besta na xungla (The Beast in the Jungle), de Henry James (2014), tradución do inglés de Alejandro Tobar. ISBN 978-84-941211-9-7.
  21. As covas de aceiro (The Caves of Steel), de Isaac Asimov (2014), tradución do inglés de Alejandro Tobar. ISBN 978-84-942005-5-7.
  22. A Eva futura (L'Ève future), de Auguste Villiers de L'Isle-Adam (2014), tradución do francés de Isabel Soto e Xavier Senín. ISBN 978-84-942005-6-4.
  23. Un matrimonio provinciano (Un matrimonio in provincia), de Maria Antonietta Torriani (2015), tradución do italiano de Isabel Soto. ISBN 978-84-942005-7-1.
  24. Jude o escuro (Jude the Obscure), de Thomas Hardy (2015), tradución do inglés de María Fe González. ISBN 978-84-942005-8-8.
  25. Historia dunha granxa africana (The Story of an African Farm), de Olive Schreiner (2015), tradución do inglés de Begoña Rodríguez Outeiro. ISBN 978-84-943230-1-0.
  26. A infancia dun xefe (L'Enfance d'un chef), de Jean-Paul Sartre (2015), tradución do francés de Ánxela Gracián. ISBN 978-84-943230-2-7.
  27. Kallocaína[3] (Kallocain), de Karin Boye (2015), tradución do sueco de Marta Dahlgren. ISBN 978-84-943230-4-1.
  28. O xinete do cabalo branco (Der Schimmelreiter), de Theodor Storm (2015), tradución do alemán de Rosa Marta Gómez Pato. ISBN 978-84-943230-3-4.
  29. Noutro planeta (На другой планете), de Porfirii Infantev (2015), tradución do ruso de Irina Stepánova Bolshakova. ISBN 978-84-943230-5-8.
  30. Un amante fantasma (A Phantom Lover), de Vernon Lee (2015), tradución do inglés de Antía Veres. ISBN 978-84-943230-6-5.
  31. Un mapa do lar (A Map of Home), de Randa Jarrar (2015), tradución do inglés de Moncho Iglesias. ISBN 978-84-943230-8-9.
  32. No ceo (Dans le ciel), de Octave Mirbeau (2015), tradución do francés de Xavier Senín. ISBN 978-84-943230-9-6.
  33. Cando levanten as brétemas (Kad magle stanu), de Josip Mlakić (2016), tradución do croata de Jairo Dorado Cadilla. ISBN 978-84-943230-2-3.
  34. Mocidade[4] (Youth), de Joseph Conrad (2016), tradución do inglés de Alejandro Tobar. ISBN 978-84-944422-1-6.
  35. Unha desolación (Une désolation), de Yasmina Reza (2016), tradución do francés de Xavier Senín. ISBN 978-84-944422-5-4.
  36. Últimas cartas de Jacopo Ortis (Ultime lettere di Jacopo Ortis), de Ugo Foscolo (2016), tradución do italiano de Isabel Soto. ISBN 978-84-944422-4-7.
  37. A señorita Else (Fräulein Else), de Arthur Schnitzler (2016), tradución do alemán de Rosa Marta Gómez Pato. ISBN 978-84-945403-2-5.
  38. A contrafío (À rebours), de Joris-Karl Huysmans (2016), tradución do francés de Isabel Soto. ISBN 978-84-944422-9-2.
  39. Colleita vermella (Red Harvest), de Dashiell Hammett (2016), tradución do inglés de Diego Ameixeiras. ISBN 978-84-944503-3-2.
  40. O verán sen homes (The Summer Without Men), de Siri Hustvedt (2016), tradución do inglés de Alejandro Tobar. ISBN 978-84-945403-4-9.
  41. As damas verdes (Les Dames vertes), de George Sand (2016), tradución do francés de Xavier Senín. ISBN 978-84-945403-6-3.
  42. O xogo serio (Den allvarsamma leken), de Hjalmar Söderberg (2016), tradución do sueco de Marta Dahlgren. ISBN 978-84-944503-7-0.
  43. Thérèse Raquin (Thérèse Raquin), de Émile Zola (2017), tradución do francés de Isabel Soto. ISBN 978-84-945403-0-1.
  44. A viaxe subterránea de Niels Klim (Nicolai Klimii Iter Subterraneum), de Ludvig Holberg (2017), tradución do latín de Alfonso Blanco Quintela. ISBN 978-84-945403-8-7.
  45. eSPedición (e(SP)edizioa), de Juanra Madariaga (2017), tradución do éuscaro de Isaac Xubín. ISBN 978-84-946538-0-3.
  46. Detrás da máscara[5] (Behind a Mask), de Louisa May Alcott (2017), tradución do inglés de Antía Veres. ISBN 978-84-946538-1-0.
  47. Os salgueiros (The Willows), de Algernon Blackwood (2017), tradución do inglés de Alejandro Tobar. ISBN 978-84-945403-1-8.
  48. A obra (La fabbrica), de Bruno Sperani (2017), tradución do italiano de Isabel Soto. ISBN 978-84-946538-1-0.
  49. Un mundo distinto e igual (Mundus Alter et Idem), de Joseph Hall (2017), tradución do latín de Alfonso Blanco Quintela. ISBN 978-84-946538-3-4.
  50. Nós (Мы), de Evgenii Zamiatin (2017), tradución do ruso de Elena Sherevera e Lourenzo Maroño. ISBN 978-84-946538-8-9.
  51. Dos días do porvir (A Story of the Days To Come), de H. G. Wells (2018), tradución do inglés de Alejandro Tobar. ISBN 978-84-946538-6-5.
  52. O xogo das cadeiras (Aulki-jokoa), de Uxue Alberdi (2018), tradución do éuscaro de Isaac Xubín. ISBN 978-84-946538-5-8.
  53. Unha muller perdida (A Lost Lady), de Willa Cather (2018), tradución do inglés de Antía Veres. ISBN 978-84-948805-6-8.
  54. Filibuth ou o reloxo de ouro (Filibuth ou la Montre en or), de Max Jacob (2018), tradución do francés de Isabel Soto. ISBN 978-84-948805-5-1.
  55. A impaciencia do corazón (Ungeduld des Herzens), de Stefan Zweig (2018), tradución do alemán de Rosa Marta Gómez Pato. ISBN 978-84-948805-8-2.
  56. Pequena Inglaterra (Μικρά Αγγλία), de Ioanna Karistiani (2018), tradución do grego de Alfonso Blanco Quintela. ISBN 978-84-948805-7-5.
  57. A peste (La peste), de Albert Camus (2018), tradución do francés de Isabel Soto e Xavier Senín. ISBN 978-84-949713-0-3.
  58. Apropiación indebida (Egenmäktigt förfarande), de Lena Andersson (2018), tradución do sueco de Marta Dahlgren. ISBN 978-84-948805-9-9.
  59. O derradeiro verán (Der letzte Sommer), de Ricarda Huch (2019), tradución do alemán de Rosa Marta Gómez Pato. ISBN 978-84-949713-1-0.
  60. O longo adeus (The Long Goodbye), de Raymond Chandler (2019), tradución do inglés de Diego Ameixeiras e Alejandro Tobar. ISBN 978-84-949713-2-7.
  61. A virtude de Checchina (La virtù di Checchina), de Matilde Serao (2019), tradución do italiano de Isabel Soto. ISBN 978-84-949713-5-8.
  62. O veo alzado (The Lifted Veil), de George Eliot (2019), tradución do inglés de Alejandro Tobar. ISBN 978-84-949713-6-5.
  63. O párroco de Vejlby (Præsten i Vejlbye), de Steen Steensen Blicher (2019), tradución do dinamarqués de Alejandro Tobar. ISBN 978-84-949713-8-9.
  64. A lúa e seis peniques (The Moon and Sixpence), de William Somerset Maugham (2019), tradución do inglés de Alfonso Blanco Quintela. ISBN 978-84-949713-7-2.
  65. A xente de Hemsö (Hemsöborna), de August Strindberg (2019), tradución do sueco de Marta Dahlgren. ISBN 978-84-121280-0-0.
  66. As confesións dunha filla do século (Le Confessioni di una Figlia del Secolo), de Donna Paola (2019), tradución do italiano de Isabel Soto. ISBN 978-84-121280-1-7.
  67. Morrerei outro día (Je mourrai une autre fois), de Isabelle Alonso (2020), tradución do francés de Xabier Ron e Isabel Soto. ISBN 978-84-121280-2-4.
  68. A honra e os cartos (Η τιμή και το χρήμα), de Konstantinos Theotokis (2020), tradución do grego de Alfonso Blanco Quintela. ISBN 978-84-121280-3-1.
  69. O caranguexeiro (蟹工船), de Takiji Kobayashi (2020), tradución do xaponés de Gabriel Álvarez Martínez. ISBN 978-84-121280-4-8.
  70. O amuleto (Das Amulett), de Conrad Ferdinand Meyer (2020), tradución do alemán de Rosa Marta Gómez Pato. ISBN 978-84-121280-5-5.
  71. Na néboa (In the Fog), de Richard Harding Davis (2020), tradución do inglés de María Alonso Seisdedos. ISBN 978-84-121280-6-2.
  72. A vida na fundición (Life in the Iron Mills), de Rebecca Harding Davis (2020), tradución do inglés de Alejandro Tobar. ISBN 978-84-121280-7-9.
  73. A nosa Negra (Our Nig), de Harriet E. Wilson (2020), tradución do inglés de María Reimóndez. ISBN 978-84-122593-3-9.
  74. O lector (Der Vorleser), de Bernhard Schlink (2020), tradución do alemán de David Álvarez Martínez. ISBN 978-84-122593-2-2.
  75. Gobseck (Gobseck), de Honoré de Balzac (2021), tradución do francés de Isabel Soto. ISBN 978-84-122593-5-3.
  76. O esmoleiro (Ο ζητιάνος), de Andreas Karkavitsas (2021), tradución do grego de Alfonso Blanco Quintela. ISBN 978-84-122593-4-6.
  77. O obradoiro de vidro (Βιοτεχνία Υαλικών), de Menis Koumantareas (2021), tradución do grego de Alfonso Blanco Quintela. ISBN 978-84-122593-7-7.
  78. As nosas normas (Det går an), de Carl Jonas Love Almqvist (2021), tradución do sueco de Marta Dahlgren. ISBN 978-84-122593-6-0.
  79. A historia do bondadoso vello e da fermosa moza (La novella del buon vecchio e della bella fanciulla), de Italo Svevo (2021), tradución do italiano de Isabel Soto. ISBN 978-84-122593-8-4.
  80. O estoico (A Stoic), de John Galsworthy (2021), tradución do inglés de Antía Veres. ISBN 978-84-122593-9-1.
  81. Thérèse Desqueyroux (Thérèse Desqueyroux), de François Mauriac (2021), tradución do francés de Xavier Senín. ISBN 978-84-123933-4-7.
  82. As consecuencias da vella historia[6] (Αι συνέπειαι της παλαιάς ιστορίας), de Georgios Viziinos (2021), tradución do grego de Alfonso Blanco Quintela. ISBN 978-84-123933-3-0.
  83. A casa do pai (Aitaren etxea), de Karmele Jaio (2022), tradución do éuscaro de Isaac Xubín. ISBN 978-84-123933-6-1.
  84. A educación sentimental (L'Éducation sentimentale), de Gustave Flaubert (2022), tradución do francés de Isabel Soto. ISBN 978-84-123933-5-4.
  85. O monstro (The Monster), de Stephen Crane (2022), tradución do inglés de Iago Nicolás Ballesteros. ISBN 978-84-123933-8-5.
  86. O castelo Rackrent (Castle Rackrent), de Maria Edgeworth (2022), tradución do inglés de Alejandro Tobar. ISBN 978-84-123933-7-8.
  87. A curmá Phillis (Cousin Phillis), de Elizabeth Gaskell (2022), tradución do inglés de María Reimóndez. ISBN 978-84-126007-0-4
  88. O solteirón (Der Hagestolz), de Adalbert Stifter (2022), tradución do alemán de Rosa Marta Gómez Pato. ISBN 978-84-123933-9-2
  89. Os tardeiros (Latecomers), de Anita Brookner (2022), tradución do inglés de Alejandro Tobar. ISBN 978-84-126007-2-8
  90. O neno perdido (The Lost Boy), de Thomas Wolfe (2022), tradución do inglés de Ignacio Chao. ISBN 978-84-126007-1-1
  91. O crime de Psichiko (Το έγκλημα του Ψυχικού), de Pavlos Nirvanas (2023), tradución do grego de Alfonso Blanco. ISBN 978-84-126007-3-5.[7]
  92. Cartos (Pengar: novell), de Victoria Benedictsson (2023), tradución do sueco de Marta Dahlgren. ISBN 978-84-126007-4-2.[8]
  93. As irmás Bunner (Bunner Sisters), de Edith Wharton (2023), tradución do inglés de Alejandro Tobar. ISBN 978-84-126007-5-9
  94. As gratitudes (Les Gratitudes), de Delphine de Vigan (2023), tradución do francés de Xavier Senín. ISBN 978-84-126007-6-6
  95. Trompeta (Trumpet), de Jackie Kay (2023), tradución do inglés de María Reimóndez. ISBN 978-84-126007-8-0
  96. Luceiro da mañá (Stella mattutina), de Ada Negri (2023), tradución do italiano de Isabel Soto. ISBN 978-84-126007-7-3
  97. A traizón (Forraadt), de Amalie Skram (2023), tradución do dinamarqués de Marta Dahlgren e Alejandro Tobar. ISBN 978-84-126007-9-7
  98. El (Lui, roman contemporain), de Louise Colet (2023), tradución do francés de Isabel Soto. ISBN 978-84-128075-0-9

Colección Vólvense os paxaros contra as escopetas[editar | editar a fonte]

Representación de Odín coa parella de corvos pousada nos seus ombreiros.

Nesta colección, nacida no ano 2014, a editora publica traballos que por extensión, temática ou formato non encaixan na colección principal[9]:

  1. A lente de diamante (The Diamond Lens), de Fitz-James O'Brien (2014), tradución do inglés de Alejandro Tobar. ISBN 978-84-942005-3-3.
  2. A viaxe a Budapest (El viaje a Budapest), de Daniel Barredo (2014), tradución do castelán de Alejandro Tobar. ISBN 978-84-942005-2-6.
  3. A industria do sexo e do peixe empanado (L'Industrie du sexe et du poisson pané), de Emmanuel Pierrat (2014), tradución do francés de Marie Abraira. ISBN 978-84-942005-0-2.
  4. A confesión de Lúcio (A Confissão de Lúcio), de Mário de Sá-Carneiro (2014), tradución do portugués de Benxamín Constante. ISBN 978-84-942005-4-0.
  5. Micromegas (Micromégas), de Voltaire (2014), tradución do francés de Marie Abraira. ISBN 978-84-942005-1-9.
  6. A novela de Violette (Le Roman de Violette), da Marquesa de Mannoury (2014), tradución do francés de Marie Abraira. ISBN 978-84-942005-9-5.
  7. O soño (Somnium), de Johannes Kepler (2014), tradución do latín de Alfonso Blanco Quintela. ISBN 978-84-943230-1-0.
  8. O asasinato da Pont-Rouge (L’Assassinat du Pont-Rouge), de Charles Barbara (2015), tradución do francés de Marie Abraira. ISBN 978-84-943230-7-2.
  9. A terra paterna (La Terre paternelle), de Patrice Lacombe (2015), tradución do francés de Marie Abraira. ISBN 978-84-944422-0-9.
  10. O doutor Héraclius Gloss (Le Docteur Héraclius Gloss), de Guy de Maupassant (2016), tradución do francés de Marie Abraira. ISBN 978-84-944422-3-0.
  11. Fosca[10] (Fosca), de Iginio Ugo Tarchetti (2016), tradución do italiano de Isabel Soto. ISBN 978-84-944422-6-1.
  12. Nova Atlántida (Nova Atlantis), de Francis Bacon (2016), tradución do latín de Alfonso Blanco Quintela. ISBN 978-84-944422-7-8.
  13. A casa e o cerebro (The House and the Brain), de Edward Bulwer-Lytton (2016), tradución do inglés de Alejandro Tobar. ISBN 978-84-944422-8-5.
  14. O caderno vermello (Le Cahier rouge), de Benjamin Constant (2016), tradución do francés de Marie Abraira. ISBN 978-84-945403-5-6.
  15. O nariz dun notario (Le Nez d'un notaire), de Edmond About (2017), tradución do francés de Marie Abraira. ISBN 978-84-945403-9-4.
  16. A traba (The Pitfall), de Mary Cholmondeley (2017), tradución do inglés de Matthias Louwen e Sabela Tobar. ISBN 978-84-946538-4-1.
  17. A morte da Terra (La Mort de la Terre), de J.-H. Rosny aîné (2019), tradución do francés de Isabel Soto. ISBN 978-84-946538-3-4.
  18. Ourika (Ourika), de Claire de Duras (2019), tradución do francés de Xavier Senín. ISBN 978-84-949713-4-1.
  19. Morte en Arán (En vacances), de Tòni Escala (2019), tradución do aranés de Xabier Ron. ISBN 978-84-949713-9-6.
  20. A escritora (La Femme auteur), de Madame de Genlis (2020), tradución do francés de Isabel Soto. ISBN 978-84-121280-8-6.
  21. A dama de Glenwith Grange (The Lady of Glenwith Grange), de Wilkie Collins (2020), tradución do inglés de Alejandro Tobar. ISBN 978-84-122593-0-8.
  22. O home das bonecas (L'homme aux poupées), de Jean-Louis Renaud (2020), tradución do francés de Xavier Senín. ISBN 978-84-121280-9-3.
  23. Noventa anos despois (Posle devedeset godina), de Milovan Glišić (2020), tradución do serbio de Jairo Dorado Cadilla. ISBN 978-84-122593-1-5.
  24. Unha volta polo inferno (Troiad en ifern), de Mich Beyer (2021), tradución do bretón de Robert Neal Baxter. ISBN 978-84-123933-1-6.
  25. O derradeiro americano (The Last American), de John Ames Mitchell (2021), tradución do inglés de Iago Nicolás Ballesteros. ISBN 978-84-123933-0-9.
  26. O regreso do meu pobre tío (Le retour de mon pauvre oncle), de Jacques-Antoine Dulaure (2021), tradución do francés de Isabel Soto. ISBN 978-84-123933-2-3.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Una editorial se estrena con Bukowski y Twain en gallego", artigo de Iago Martínez en El País, 21 de decembro de 2011 (en castelán).
  2. Obra publicada tamén no ano 2012 por Urco Editora con tradución de Ana Iglesias Otero.
  3. A tradución foi recoñecida co XV premio Plácido Castro (2015).
  4. A tradución foi recoñecida co Premio de Tradución na I Gala do Libro Galego (2016).
  5. A tradución foi recoñecida co I premio Realia de Tradución Literaria (2017).
  6. A tradución foi recoñecida co III premio Realia de Tradución Literaria (2021).
  7. "O crime de Psichiko – Editorial Hugin e Munin". Consultado o 2024-03-08. 
  8. "Cartos – Editorial Hugin e Munin". Consultado o 2024-03-08. 
  9. "A editorial". huginemunin.gal. Consultado o 21-02-2021. 
  10. A tradución foi recoñecida co XVI premio Plácido Castro (2016).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]