Emilio ou Da educación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Portada.

Emilio ou Da educación é unha das obras literarias máis importantes e destacadas do filósofo Jean-Jacques Rousseau. Ten un gran contido pedagóxico que foi tan criticado como eloxiado logo da súa publicación en 1762. Foi considerado o primeiro tratado sobre filosofía da educación no mundo occidental. A súa aceptación social fixo que hoxe, sexa un punto de referencia en moitos sistemas educativos compartindo a ensinanza en centros escolares.

O autor propón unha serie de pautas e principios educativos que parten da propia intuición persoal ante a opresión coa que a sociedade somete aos individuos na súa evolución. Ante iso, escribiu un modelo educativo para os rapaces, baseado na propia natureza, de acordo coas etapas de desenvolvemento infantil, co fin de formar un individuo libre e autónomo, capaz de valerse por si mesmo posteriormente no seu entorno social. Sen embargo, exclúese deste ideal ás mulleres, para as cales a educación debese referir á satisfacción dos homes.

Pensamento[editar | editar a fonte]

A idea de "natureza" fundaméntase en que todo o que provén dela é bondadoso, así como o propio individuo: "O home é bo por natureza, é a sociedade quen o previrte". O leito natural das cousas é o que debe guiar ao desenvolvemento do home dende o seu nacemento ata a súa vida adulta, conducindo ao rapaz a partir dos seus impulsos naturais e espontáneos que a experiencia diaria lle vai proporcionando, xa que todo o que provén da natureza é bo para el.

O autor formula que o crecemento e a formación do ser humano está na educación. Esta afirmación está confirmada coa propia evolución biolóxica do home, a cal pasa por diversas etapas complexas que permiten un correcto desenvolvemento físico e psíquico. El mesmo di que se o home non comezara por ser neno, a raza humana perecería porque non estaría educada.

Aquí posicionase a tese fundamental de Rousseau: A educación vennos da natureza, nunha relación entre o home e as cousas.

Formúlanse tres tipos de educación:

  • A educación da natureza: desenvolvemento interno das facultades e dos nosos órganos.
  • A educación dos homes: uso que nos ensina a facer o anterior desenvolvemento.
  • A educación das cousas: adquisición da nosa propia experiencia sobre os obxectos que nos rodean.

Esquema da obra[editar | editar a fonte]

Jean-Jacques Rousseau meditating in the park at La Rochecordon de Alexandre Hyacinthe Dunouy.

A obra está dividida en cinco libros, de acordo coas etapas do desenvolvemento infantil. Os tres primeiros abarcan a infancia de Emilio; o cuarto, a adolescencia; e o quinto, a educación da súa futura esposa, Sofía, considerada a "muller ideal" e tamén, a vida doméstica e social.

Desenvólvese nun escenario ideal, situado no campo e caracterizado pola sinxeleza de elementos estimulantes, onde introduce a un rapaz imaxinario e de clase social alta que Rousseau propón sen ningún tipo de problema físico nin mental. Deste xeito, demostra a súa teoría do método natural, defendendo a actividade física na natureza e o continuo contacto con esta.

Libro I (0 a 2 anos) e libro II (2 a 12 anos)[editar | editar a fonte]

Na primeira parte, o autor desenvolve un modelo de educación para o rapaz ata os cinco anos. Destácase a importancia que ten atender a vida do rapaz nos seus comenzos e pronúnciase a favor de que a súa nai lle adique os coidados necesarios. Nesta etapa, amplía o sentido da liberdade para incluír a actividade e a experiencia, xa que son indispensables tanto como para a educación mental e emocional como para o crecemento. Deste xeito, establece certo número de normas de conduta, como por exemplo: ser demasiado tolerantes cos nenos, permitíndolles ter unha posición de dominio; afirma que hai que axudarlles, ben por falta de intelixencia, forza o calquera carencia que teñan, pero deixándolles certa liberdade. Nesta axuda, hai que limitarse só ao útil e real, sen concederlle ningún desexo nin fantasía sen razón, porque a fantasía non deriva da natureza e entorpecería o seu crecemento.

Débese coidar a linguaxe e os signos, xa que, nunha idade na que é difícil disimular, distínguense se os seus desexos proceden da natureza ou da opinión.

O autor ataca e educación moral que se leva a cabo na súa época. Opina que as nocións morais están fora do alcance da comprensión do rapaz antes dos doce anos. Por outra banda, hai aspectos morais que o mestre pode ensinar: nunca lle fagades aos vosos alumnos pedir perdón, non lle impoñades ningún castigo, que non reciba ningunha lección moral, debe recibilas da experiencia... Así desprovisto de toda moralidade nas súas accións, non pode facer nada que sexa moralmente malo nin que mereza castigo.

Rousseau cree que se deben evitar os concepto de deber e obediencia, educando en virtudes positivas como a amabilidade ou xenerosidade, estimuladas a través das palabras. Non había moitos coñecementos convencionais que o autor lle parecesen apropiados para esta fase, na que a súa finalidade non era aforrar tempo, senón perdelo, esperando unha maior madurez. A aprendizaxe que considera máis importante debe acumularse entre os doce e os quince anos.

Libro III (12 a 15 anos)[editar | editar a fonte]

Nesta etapa, a clave está na utilización da curiosidade do rapaz. Educándoo na forma que el suxire, desenvolverá un interese moito maior que na etapa anterior. Xa non se contentará por coñecer o Sol como un simple obxecto, se non que estará impaciente por efectuar estudios cronolóxicos en profundidade.

O mestre debe efectuar as súas clases mediante a experiencia sensible, usando excursións ou prácticas como estímulo para os estudios teóricos. Oponse ás explicación a través dos libros ou longas explicacións do mestre. "Non fagades ao rapaz discursos que non poden entender. Nada de descricións, nada de figuras nin poesía." Dicía o propio autor no libro.

A Emilio permíteselle que descubra por el mesmo as solucións as súas propias preguntas, e o mestre non terá présa por corrixirllas. Incluso di Rousseau, que os nenos deben inventar os seus propios instrumentos de investigacións. Con isto, o seu obxectivo era lograr que un determinado tipo de persoas se interesasen pola adquisición de pensamento, por medio do enxeño e non polo teórico.

Considérase o libro Robinson Crusoe, de Daniel Defoe, un medio importante na educación de Emilio, xa que foi o primeiro que leu, e por moito tempo, foi a súa única lectura. Como dicía o autor:

Dado que os libros non son totalmente necesarios existe un que, para o meu gusto, proporciona o tratado da educación natural máis logrado. Este libro será o primeiro que vai ler o meu Emilio; só el formará durante moito tempo toda a súa biblioteca, e sempre terá nela un lugar diferente. Será o texto ao que todas as nosas conversas naturais servirán de comentario. Servirá de proba, durante os nosos progresos, ao estado do noso xuízo, e mentres o noso gusto non se bote a perder, a súa lectura sempre nos agradará. Cal é ese marabilloso libro? Aristóteles? Plinio? Buffon? Non, é Robinson Crusoe.

Rousseau propón formar a unha persoa dotada dunha gran capacidade de comprensión e adquisición de coñecementos, con calidades persoais como a independencia e a rectitude de xuízo. Recomenda evitar as competicións e rivalidades entre eles.

Nesta fase, non figuran aínda as materias de historia, metafísica, moral nin nada que teña que ver coa estética como a poesía ou a pintura. A aprendizaxe dun oficio verase na seguinte etapa.

Libro IV (15 a 20 anos)[editar | editar a fonte]

O oficio apréndese neste período. Neste punto, prodúcese unha ruptura radical respecto á educación impartida ata agora. Ata os 15 quince anos, realizáronse todos os esforzos posibles para restrinxir a visión de Emilio respecto ao mundo das cousas. De aquí en diante, destacarase a importancia do mundo dos individuos e das relacións recíprocas.

Rousseau manifesta preferencia polos historiadores e as literaturas clásicas e estima que xa é tempo de que o alumno entre en contacto con todos os mundos da poesía e do teatro.

Chegou o momento da historia: por ela lerá nos corazóns sen leccións de filosofía; por ela veraos, sinxelo espectador, sen interese ningún nin paixón, coma un xuíz, non como o seu cómplice nin como o seu acusador.
Para coñecer aos homes hai que velos actuar; escoitándoos en sociedade, mostrando palabras e ocultando accións. Pero na historia quedan ao descuberto, e xúlgaselles polo feitos. As súas mesma palabras axudan a valoralas. Porque, comparando o que fan co que se di, vese a un tempo o que son e o que queren parecer, canto máis se disfrazan, mellor se coñecen.

A educación moral toma unha nova dirección cando chega a necesidade de explicar todo relativo ao sexo, que anteriormente estivo fóra dos seus plans de estudo, e orientar no campo das emocións. Unha vez máis destaca a superioridade dos exemplos concretos comparados co puro verbalismo. Recoméndase a claridade da linguaxe na materia e evitar os sermóns.

A relixión foi un dos temas que constitúe un dos campos nos que, segundo o autor, debe protexerse ao rapaz dun coñecemento prematuro. Emilio, aos 18 anos de idade, non sabe nada de Deus, pero é bo e está cheo de sentimentos sublimes.

Rousseau baséase en catro ideas:

  • Pódese ser bo sen saber nada de Deus.
  • Nada é máis útil que ensinarlles o catecismo.
  • Os nenos non necesitan crer en Deus para salvarse.
  • Se se lles fala de Deus antes de tempo, formarán unha falsa idea.

Isto non é o fin do programa educativo de Emilio, xa que recomenda un viaxe de dous ou tres anos antes de casar para que deste xeito, o mozo obteña os coñecementos en política e goberno, que lle permitirán regresar ao seu propio país coa comprensión necesaria para ser cidadán.

Libro V (Idade adulta)[editar | editar a fonte]

Le premier baiser de Pierre-Paul Prud'hon.

Rousseau formula algunhas observacións sobre a educación de Sofía, futura esposa de Emilio. As súas opinión reflicten as actitudes do século XVIII sobre a educación feminina, onde se parte da idea de que a muller foi creada para o desfrute do home.

Establecido este principio, séguese que a muller está feita especialmente para agradar ao home; se o home debe agradala a súa vez, é unha necesidade menos directa, o seu mérito está na potencia, agrada só polo feito de ser forte. Conveño en que esta non é a lei do amor, pero é a da natureza, anterior ao propio amor.

Recomenda unha educación que combine a filosofía do convento e a da escola. Sostén que a busca de verdades abstractas, de principios na ciencia, está máis alá do alcance da muller e, por conseguinte, os estudios para a futura esposa deberían ser absolutamente prácticos. A súa misión está en aplicar o descuberto polos homes respectando a súa autoridade e criterio; isto pode verse, por exemplo, no tema da relixión, onde as mulleres deben seguir a doutrina do home.

Ao autor de Emilio non lle gusta a idea de que os libros desempeñen un papel protagonista no proceso educativo; cando se trata da educación das mulleres, isto é aínda máis pronunciado.

Emilio e Sofía casan, teñen un fillo e o seu preceptor responsabiliza a Emilio da súa educación, completando así o ciclo formativo do seu alumno.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]