Provincia de Çanakkale

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización da provincia de Çanakkale en Turquía

Çanakkale é unha das provincias de Turquía, sitúase no noroeste do país na rexión de Mármara. A capital é a cidade de Çanakkale. Conta cunha parte europea (Tracia) e outra asiática (Anatolia) separadas polo estreito dos Dardanelos que conecta o Mar de Mármara co Exeo. A parte europea está por formada pola península de Galípoli mentres a asiática coincide en gran parte coa rexión histórica de Tróade. A súa superficie é de 9737 km² e a poboación de 490.397 habitantes (2010). Na provincia atópase o sitio arqueolóxico de Troia.

Distritos da provincia de Çanakkale