Convención de Montreux

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Dardanelos (á esquerda, abaixo), o mar de Mármara (centro) e o Bósforo (á dereita, enriba).

A Convención de Montreux sobre o Réxime dos Estreitos é un tratado de 1936 que confire a Turquía o control dos estreitos do Bósforo e do Dardanelos e que regula a actividade militar na rexión. Foi asinado o 20 de xullo do 1936 na cidade suíza de Montreux, e inscrito no rexistro de tratados da "Liga das Nacións" o 11 de decembro dese ano[1]. O acordo permitiu á Turquía remilitarizar os estreitos e impor novas restricións ao paso de navíos belixerantes. Aínda está en vigor, con algunhas emendas.

A convención outorga á Turquía o pleno control dos estreitos e garante o libre tránsito de navíos civís en tempos de paz, mais restrinxe fortemente o paso de navíos militares non turcos e veda o tránsito de algunhas clases de naves militares, coma Porta aeronaves. Os termos da convención foron obxecto de controversia ao longo do tempo, especialmente no que se refire ao acceso das forzas da Unión Soviética ao mar Mediterráneo.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

A "Cuestión dos Estreitos"[editar | editar a fonte]

Desde a Guerra de Troia, os estreitos do Dardanelos e do Bósforo sempre foran de grande importancia estratéxica. No período de decadencia do Imperio Otomán, a chamada "Cuestión dos Estreitos" envolveu diplomacia da Europa e da Turquía.

Segundo os termos da Convención de Londres, concluída o 13 de xullo do 1841 entre as grandes potencias europeas - Rusia, Reino Unido, Francia, Austria e Prusia -, restabeleceuse o "antigo control" otomano sobre os estreitos, que foran entón pechados a calquera nave, excepto as dos aliados do sultán en tempo de guerra. Isto beneficiou o poder naval británico ás custas do ruso, xa que este último non dispuña de acceso directo ao Mediterráneo. Historicamente, a Convención de Londres foi un dos tratados referentes ao problema do acceso ao Dardanelos, ao mar de Mármara e ao Bósforo. Evolucionou a partir do tratado de Hünkâr İskelesi (ou Unkiar Skelessi), de 1833, no que o Imperio Otomano garantiu o uso exclusivo dos estreitos ás naves de guerra das "potencias do mar Negro" (ou sexa, á Turquía otomana e á Rusia Imperial) en caso de guerra xeneralizada.

Revisión do tratado de Lausanne[editar | editar a fonte]

O tratado de Lausanne, de 1923, desmilitarizou o Dardanelos e abriu os estreitos ao tráfico civil e militar sen restricións, coa supervisión da Comisión Internacional dos Estreitos da Liga das Nacións.

No final dos anos 1930, a situación estratéxica do Mediterráneo mudara considerabelmente, coa aparición da Italia fascista, que controlaba as illas do Dodecaneso ao longo da costa occidental da Turquía, habitadas por poboacións gregas, e militarizara a rexión co estabelecemento de fortalezas en Rodes, Leros e Cós. Os turcos temían que a Italia procurase obter aceso aos estreitos como forma de expandir a súa influencia na Anatolia e no mar Negro. Había tamén temores dun rearmamento búlgaro. A Turquía volveu fortificar os estreitos, a pesar de ter prohibido facer tal cousa.

En abril do 1935, o goberno turco pasou unha longa nota diplomática aos signatarios do tratado de Lausanne, na cal propuña unha conferencia para definir un novo réxime para os estreitos, e solicitou á Sociedade das Nacións que autorizase a reconstrución dos fortes do Dardanelos. Na nota, o ministro do exterior turco explicaba que a situación internacional cambiara desde 1923. Naquel ano, Europa seguía a dirección do desarmamento e de unha garantía internacional para a defensa dos estreitos. Todavía, a Crise da Abisinia (1934-1935), a denuncia alemá do tratado de Versalles e os sinais internacionais de rearmamento agora alteran o panorama. Os principais puntos fracos do réxime de Lausanne quedaban á vista: as garantías colectivas eran lentas e pouco efectivas, non había ningunha continxencia para o caso de ameaza de guerra e ningunha disposición para que a Turquía se defendese. Turquía declarouse entón preparada para "negociar co obxectivo de acadar no futuro próximo acordos" indispensábeis para garantir a inviolabilidade do territorio turco e para o constante desenvolvemento da navegación comercial entre o Mediterráneo e o mar Negro.

A reacción ao comunicado foi, en xeral, favorábel, e Alemaña, Australia, Bulgaria, Francia, Grecia, Iugoslavia, Xapón, Reino Unido, Turquía e a Unión Soviética concordaron en comparecer as conversacións realizadas en Montreux, Suíza, as cales iniciaron o 22 de xuño do 1936. Dúas grandes potencias non enviaron representación: Italia, cuxas agresivas políticas expansionistas provocaran a conferencia, recusouse a comparecer, e os Estados Unidos sequera mandaron un observador.

Turquía, o Reino Unido e a Unión Soviética propuxeron, cada un, o seu propio plano, procurando defender os seus intereses. Os británicos preferían manter a abordaxe restritiva entón en vigor, os turcos buscaban un réxime máis liberal que reafirmase o seu control sobre os estreitos; os soviéticos propuxeron un réxime que garantiría a máis absoluta liberdade de tránsito. O Reino Unido, apoiado por Francia, procuraba excluír do mar Mediterráneo a frota rusa, que podería ameazar as vitais rotas de navegación para a India, o Exipto e o Extremo Oriente. No final, os británicos abandonaron algunhas das súas propostas e os soviéticos lograron que os países do mar Negro - inclusive a URSS - tivesen flexibilidade en relación ás restricións ao tráfico militar impostas aos demais Estados. O acordo foi ratificado por todos os países representados na conferencia, excepto Australia e Alemaña, que non asinaran o tratado de Lausanne; o Xapón presentou algunhas reservas. Entrou en vigor en 9 de novembro de 1936.

A disposición británica para facer concesións foi atribuída ao desexo de evitar que a Turquía se vise forzada a aliarse a Hitler ou a Mussolini.

Termos[editar | editar a fonte]

A convención consiste de 29 artigos, catro anexos e un protocolo. Os artigos 2 a 7 refírense ao paso de navíos mercantes. Os artigos 8 a 22 tratan dos de guerra. O principio chave da liberdade de paso e de navegación consta dos artigos 1 e 2 (tradución libre):

"As Partes recoñecen e afirman o principio de liberdade de paso e navegación polo mar nos Estreitos" (artigo 1); "En tempo de paz, os navíos mercantes gozarán de completa liberdade de tránsito e navegación nos Estreitos, de día e de noite, so calquera bandeira e con calquera tipo de carga" (artigo 2).

A Comisión Internacional dos Estreitos foi abolida, o que permitiu o pleno retorno do control militar turco dos estreitos e a refortificación do Dardanelos. Turquía foi autorizada a fechar os estreitos a calquera nave militar estranxeira en tempo de guerra ou cando estivese ameazada de agresión; ademais, foille permitido recusar o tránsito de navíos mercantes pertencentes a países en guerra con Turquía. Algunhas restricións específicas foron impostas en relación aos tipos de navío de guerra que poderían pasar polos estreitos. As belonaves non turcas nos estreitos deben ser inferiores a 15.000 toneladas. Un máximo de nove belonaves non turcas, cunha tonelaxe total non superior a 30.000 toneladas, pode pasar ao mesmo tempo, e élles permitido permanecer nos estreitos por un máximo tres semanas. Os Estados bañados pelo mar Negro son tratados con máis flexibilidade, estando autorizados a pasar con naves capitás de calquera tonelaxe, mais apenas unha de cada vez e excluíndo Portaaeronaves. Tamén poden cruzar os estreitos submarinos, con aviso previo, construídos, adquiridos ou reparados mar Negro. As regras especiais relativas aos Estados do mar Negro son unha concesión á Unión Soviética, a única potencia naval local, alén da propia Turquía.

Os termos da convención reflicten a situación internacional de mediados dos anos 1930 e atendían aos intereses turcos e soviéticos, ao permitir a Turquía recuperar o control militar dos estreitos ao mesmo tempo que confirmaba a supremacía soviética no mar Negro. Aínda que restrinxisen a capacidade soviética de enviar navíos de guerra ao mar Mediterráneo - o que satisfacía as preocupación británicas -, a convención garantía que as potencias extra rexionais non poderían explorar os estreitos para ameazar a Unión Soviética. Estas disposicións terían grande repercusión na Segunda Guerra Mundial, cando o réxime de Montreux impediu as potencias do Eixo enviar navíos a través dos estreitos para atacar a Unión Soviética.

Despois 1936[editar | editar a fonte]

A convención permanece en vigor, con emendas, mais con controversias. Foi repetidamente desafiada pola Unión Soviética durante a Segunda Guerra Mundial e a Guerra Fría. A partir de 1939, Stalin procurou reabrir a cuestión dos estreitos e propuxo un control conxunto turco-soviético, afirmando que "un Estado pequeno [i.e., a Turquía], apoiado polo Reino Unido, asfixiou a un grande Estado e non lle deu ningunha saída".[2] Trala sinatura do Pacto Molotov-Ribbentrop pola Unión Soviética e a Alemaña Nazi, o ministro de exteriores soviético Vyacheslav Molotov comunicou aos seus interlocutores alemáns que a URSS pretendía tomar o control militar dos estreitos e estabelecer alí unha base.[3] Moscú volveu ao tema no 1945 e 1946, ao esixir a revisión do tratado nunha conferencia que excluía a maior parte dos signatarios. A Turquía rexeitou a proposta, a pesar da "estratexia de tensión" emprendida polos soviéticos. Por moitos anos tras a Segunda Guerra Mundial, a URSS explorou a restrición do número de naves de guerra estranxeiras que podían cruzar os estreitos, sempre mantendo alí un navío de guerra soviético, o que impedía legalmente a calquera outro país, alén da Turquía, o envío de belonaves.[4] A presión soviética levou a Turquía a abandonar a súa política de neutralidade: no 1947, comezou a recibir asistencia militar e económica dos Estado Unidos de América e, en 1952, adheriuse á OTAN.[5]

A Unión Soviética e súa sucesora, Federación Rusa, procuraron repetidas veces eliminar a prohibición do paso de portaaeronaves, ao clasificar grandes navíos de guerra equipados con aeronaves de "cruceiros pesados porta avións", aínda que os países do Occidente os considerasen coma portaavións. En 1976, a URSS enviou o navío portaaeronaves Kiev a través dos estreitos e no 1991 ao Almirante Kuznetsov.

En abril do 1982, a convención foi emendada para permitir á Turquía pechar os estreitos ao seu criterio, en tempo de paz ou de guerra.[6]

A Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar, que entrou en vigor en novembro de 1994, levou ao xurdimento de propostas de revisión da Convención de Montreux para adaptala ao novo tratado multilateral, que prevé un réxime xeral para estreitos usados pola navegación internacional. Todavía, a negativa de Turquía a asinar a Convención sobre o Dereito do Mar significa que o réxime de Montreux continua en vigor.[7]

A seguranza de navíos que pasan polo Bósforo tornouse fonte de preocupación nos últimos anos, xa que o volume de tráfico aumentou drasticamente desde a sinatura da convención - de 4.500 en 1934 a 49.304 en 1998. Ademais de preocupacións ambientais, os estreitos cortan Estambul en dúas metades, unha cidade de 11 millón de habitantes. A convención non contén, entre tanto, disposicións acerca da regulamentación da navegación para fins de seguranza ou protección ambiental. En xaneiro de 1994, o goberno turco adoptou as "Regras do Tráfico Marítimo para os Estreitos Turcos e a Rexión do Mármara", para garantir a seguranza da navegación, da vida e da propiedade e para protexer o medio, mais sen violar o principio de Montreux referente o libre paso. Aínda que Rusia, Grecia, Chipre, Romanía, Ucraína e Bulgaria teñan levantado obxeccións, as novas regras foron aprobadas pola Organización Marítima Internacional co argumento de que non tiñan por obxectivo prexudicar "os dereitos dos navíos de usar os estreitos conforme o dereito internacional". As regras foron revisadas en novembro de 1998 para atender a preocupacións rusas.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. League of Nations Treaty Series, vol. 173, pp. 214-241.
  2. Deborah Welch Larson, Origins of Containment: A Psychological Explanation, p. 203. Princeton University Press, 1989. ISBN 0691023034
  3. Christos L. Rozakis, Petros N. Stagos, The Turkish Straits, p. 44. Martinus Nijhoff Publishers, 1987. ISBN 9024734649
  4. "Montreux Convention (1936)." The Companion to British History, Routledge. 2001.
  5. "Turkey 1." The Columbia Encyclopedia, 2004.
  6. "TURKEY." The Encyclopedia of World History. 2001.
  7. "Montreux Convention". Boleslaw Adam Boczek, International Law: A Dictionary, pp. 305-306. Scarecrow Press, 2005. ISBN 0810850788
  8. Gennady Chufrin, The Security of the Caspian Sea Region, pp. 155-156. Oxford University Press, 2001. ISBN 0199250200

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]