Mar da Liguria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Mar de Liguria")
Localización do Mar de Liguria

O mar de Liguria é unha parte do mar Mediterráneo centro-setentrional, que baña costas de Italia, Francia e Mónaco. Limita no occidente cunha liña imaxinaria que parte do cabo Ferrat, en Francia, até Punta di Revellata, preto de Calvi na Córsega setentrional, mentres o limite oriental localízase entre cabo Corso, en Córsega, e o promontorio de Piombino, na provincia de Livorno (na Italia peninsular).

O mar de Liguria baña as costas da Liguria e de parte da Toscana, parte do departamento francés dos Alpes Marítimos e tamén o Principado de Mónaco, así como as illas de Capraia e Gorgona e parte da costa setentrional de Córsega. Todo o Golfo de Xénova forma parte do mar de Liguria.

O mar recebe polo leste as augas do río Arno e de moitos outros de orixe apenina, como o Serchio e o Magra.

A costa noroccidental da Península Itálica, bañada polo mar de Liguria, é recoñecida pola súa beleza paisaxística e a bondade do seu clima.

Ao longo da súa costa, encóntranse importantes centros portuarios, entre os que cabe destacar o máis importante de todos: o porto de Xénova. Outros portos relevantes son os de Savona, La Spezia, Carrara, Viareggio e Livorno.

O mar de Liguria acada unha profundidade máxima de máis de 2.850 m ao noroeste de Córsega.

En italiano chámase "Mar Ligure" e en francés "Mer Ligure".