Livorno
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Livorno é unha cidade situada na Toscana, Italia. É a capital da provincia homónima. A súa poboación no 2008 era de 160.991 habitantes.
A comuna de Livorno ten unha superficie de 104,79 km², e linda coas comunas de Collesalvetti, Pisa e Rosignano Marittimo.
Actualmente constitúe un centro industrial mediterráneo importante, con presenza de sectores químico e metalúrxico, cunha refinería de petróleo, ademais de ser un porto libre.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |