La Spezia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista da cidade de La Spezia

La Spezia (Spèza en dialecto spezzino, pronunciado "Spèsa" con e aberto) é unha cidade de Italia, capital da provincia homónima na rexión da Liguria. Cos seus 94.192 habitantes (2006) é a segunda cidade máis poboada da rexión, precedida pola capital Xénova. Exténdese por unha área de 51km2, tendo unha densidade de poboación de 1785 hab/km2. Fai fronteira con Arcola, Follo, Lerici, Portovenere, Riccò del Golfo di Spezia, Riomaggiore, Vezzano Ligure.

La Spezia posúe un dos portos de maior importancia comercial e militar en Italia, situado entre Xénova e Pisa no mar da Liguria. A cidade é sede dunha das maiores industrias militares italianas, a Oto Melara.

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

La Spezia está irmandada con: