Capraia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Capraia
Vista da illa
Isola di Capraia.jpg
Datos
Capital
País Italia
Localización Mar Mediterráneo
Arquipélago Arquipélago toscano
Linguas Italiano
Poboación (2007) 385 hab.
Superficie 19.0 km²
Densidade
Coordenadas 43°3′N 9°51′E / 43.050°N 9.850°E / 43.050; 9.850
Maior Altura 52 m.
Localización
Localización  da illa

Capraia é unha illa italiana situada na provincia de Livorno, que conta cun total de 386 habitantes. Atópase a 64 km de Livorno, 37 km da Gorgona e 31 km de Córsega. Por estar máis próxima a Córsega que á Península Itálica, foi considerada moitas veces territorio francés.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa de Capraia é unha illa da canle de Córsega de orixe volcánica. Cunha altitude media de 52 m sobre o nivel do mar e unha superficie de 19 km² (20 habitantes por km²) é a terceira illa en extensión do arquipélago toscano. E tamén a máis lonxana da Península Itálica, polo que é a que máis preto se atopa de Córsega. Actualmente forma parte do Parque Nacional do Arquipélago Toscano.

A economía da illa susténtase grazas ao sector vitivinícola e á pesca.

Historia[editar | editar a fonte]

Antigamente era coñecida como Aegylon, (Αηγυλον) polos gregos, e Capraria polos romanos, posiblemente derivado da presenza de cabras salvaxes na illa. Segundo outras hipóteses o topónimo derivaría do tema *karpa co significado de "rocha". A illa de Capraia foi base dos piratas sarracenos ata que finalmente pasou a ser posesión de Xénova na batalla de Meloria no ano 1527, contando cunha sólida fortificación. No ano 1796 foi ocupada brevemente por Horatio Nelson. Parte da illa foi empregada para a agricultura pero na actualidade a maioría da illa foi convertida en parque natural.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Chiesa e Convento di Sant'Antonio

Chiesa di Santo Stefano

Chiesa di San Nicola

Igrexa de San Nicola

Evolución demográfica[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Provincia de Livorno

Illa de Elba

Toscana