Cova Eirós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cova Eirós

Concello de Triacastela

País: Flag of Spain.svg España
Com. Autónoma: Galicia Galicia
Provincia: Lugo
Concello: Triacastela
Localidade: Cancelo
Vilavella
Coordenadas: n/d
Fuso horario: CET, UTC+1
Tipo de cova: n/d
Lonxitude: n/d
Altitude: n/d
Profundidade: n/d
Sitio web n/d

A Cova Eirós é unha gruta natural sita no concello de Triacastela (Lugo), aos pés da serra do Oribio. A caverna resultado de fenómenos cársticos sobre rocha calcaria, é un sitio arqueolóxico que forneceu materiais líticos pertencentes ao Paleolítico Medio e Superior, xunto con restos de fauna e flora da época.

Índice

[editar] Situación xeográfica

A cova áchase sita na aba norte do monte Penedo, na Serra do Oribio, entre as localidades de Cancelo e Vilavella, ambas as dúas no concello de Triacastela. De difícil acceso, está localizada sobre unha gran encosta que cae sobre o rego Bezcas, que flúe sobre o val de Cancelo.

[editar] Arqueoloxía e paleontoloxía

A caverna de Cova Eirós vense excavando por paleontólogos, desde os inicios da década do 1990 debido as evidencias da ocupación da mesma polo oso das cavernas (Ursus spelaeus); atopándose nas excavacións restos de mais de 40 individuos desa especie e doutros mamíferos como cervos e cabalos, preséntandose os resultados dos estudos en 1993. Dos mesmos viña resultar que a caverna representaba o límite de expansión occidental do Ursus spelaeus.


Nese mesmo ano 1993, iniciouse unha segunda campaña, neste caso arqueolóxica, na que se excavou na entrada da cabidade, lugar que se adoitaba ocupar no paleolítico nas covas; descubríndose un total de cinco niveis, tres deles con gran potencia arqueolóxica[1]. Os dous primeiros revelaron industria lítica do Paleolítico Superior, principalmente realizada sobre cuarzo. Unha sondaxe no nivel inferior revelou que podía conter materiais máis antigos, do Paleolítico Medio

[editar] Paleolítico Medio

Os arqueólogos vencellados ás universidades de Santiago de Compostela, de Cantabria e da Rovira i Virgili, confirmaron a fins do verán de 2008[2], o achado de materiais líticos que, sen dubidar, están adscritos ao Paleolítico Medio e, polo tanto, a humanos neandertalenses. Os útiles de pedra estaban traballados con técnica Levallois, e predomina como material base o cuarzo[3]. Atopouse tamén instrumental óseo. Aínda que non se atoparon restos fósiles humanos, si que se atoparon restos de fauna (cérvidos, bóvidos e úrsidos) e flora (pole) asociados. A datación inicial das descubertas calculouse para uns 35.000 atrás.

[editar] Encadramento

Os últimos achados de Cova Eirós non son os primeiros que se realizan en Galicia pertencentes ao Paleolítico Medio (hainos no Baixo Miño e na depresión da cidade de Ourense, p.ex.), aínda que son escasos en conxunto pero esta gruta, ademais de subministrar unha interesante industria lítica (realizada en boa medida sobre cuarzo, un material difícil de traballar), permitirá coñecer a contorna ambiental que rodeaba nesa época aos neandertalenses do Oribio. Isto facilitará tamén a comparación con outros xacementos coetáneos, especialmente do resto da Península Ibérica e, especialmente, os máis próximos.

A conservación de materiais orgánicos débese á condición de pH básico dos terreos calcáreos nos que se localiza Cova Eirós, o que non adoita acontecer na maior parte de Galicia, onde predominan chans ácidos que a penas permiten a conservación de restos orgánicos.

[editar] Notas

  1. Proxecto Arqueolóxico Val do Sarria-Val do Mao
  2. Nota do Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago: [1]
  3. A Nosa Terra, 3-XI-2008

[editar] Bibliografía

  • Nogueira Ríos, S., Unha primeira aproximación ao estudo dos materiais líticos da Cova Eirós (Triacastela-Lugo), na revista "Historia Nova", IV, 1997, páxs. 9-29 (sobre os resultados da segunda campaña de excavacións no lugar).
  • A. Lombera Hermida, X.P. Rodríguez Álvarez, , T. Lazuén Fernández, R. Fábregas Valcarce, El Paleolítico Inferior e Medio en el interior de Galicia: La Depresión de Monforte, na revista "Croa". Boletín da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga, nº 16, 2006 páxs.35-42 (aínda que non toca as campañas recentes, pode consultarse en versión pdf na seguinte ligazón).

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas