Homo rhodesiensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Homo rhodesiensis
Rango fósil: Plistoceno
Reconstrución do home de Rodesia
Reconstrución do home de Rodesia

Caveira atopada en 1921
Caveira atopada en 1921

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Tribo: Hominini
Xénero: 'Homo'
Especie: ''H. rhodesiensis''
Nome binomial
Homo rhodesiensis''
Woodward, 1921

Homo rhodesiensis (o home de Rhodesia) é unha especie de homínidos do xénero Homo, descrita a partir do fósil do cranio de Kabwe. Outros restos morfolóxicamente comparables do mesmo período, ou antes, foron atopados en Sudáfrica (Hopefiled ou Sladanha), África do leste (Bodo, Ndutu, Eyasi, Ileret), e do norte de África (Salé, Ravat, Dar-es-Soltane, Djabel Irhoud, Sidi Aberrahaman, Tighenif). Eses xacementos datan de entre 300 mil e 125 mil anos atrás.

Porén, Homo rhodesiensis está hoxe en día catalogada pola maioría da comunidade científica como a especie Homo heidelbergensis[1][2].

Descuberta[editar | editar a fonte]

Kabwe 1 foi catalogada por primeira vez en 1921 por Arthur Smith Woodward como Homo rhodesiensis, un individuo que hoxe se cataloga como Homo heidelbergensis.[1]. Ese cranio fora atopado cunha mina de zinc en Broken Hill, na daquela Rodesia do Norte e hoxe Zambia, no 1921 por un mineiro suízo, Tom Zwiglaar. Ademais do cranio, atopouse unha mandíbula doutro individuo, unha tibia e dous fragmentos de fémures. Ao cranio chamóuselle o Home de Rodesia na hora da súa descuberta. O home de Rodesia dataría de entre 125-300 mil anos. A capadidade cranial estímase en 1,2300 cm3[3]. O cranio é dun individuo robusto, con cellas grandes e amplas e cunha cara que se ten descrito como similar a dos Neaderthais, mesmo chamándoselle os Neandethais africanos. Porén, inda cando é robusta, os estudos recentes apuntan a que ten características intermedias entre os homes modernos e os Neanderthais.

Outros especimes clasificados como H. rhodesiensis foron catalogados posteriormente como Homo erectus[4].

Clasificación[editar | editar a fonte]

En África obsérvanse diferencias en ferramentas Acheulenses feitas antes de despois de hai 600 mil anos. Isto tense argumentado estar relacionado coa aparición de Homo rhodesiensis, uns 300 mil anos despois.

Algúns autores que estudaron as relacións entre restos fósiles clasificados como H. rhodesiensis, expuxeron que o home de Rodesia estaría dentro de Homo heidelbergensis. Outros teñen proposto a clasificación como Homo sapiens arcaicus e Homo sapiens rhodesiensis. Autores como Tim White teñen proposto que o home de Rodesia é un Homo sapiens idaltu (Home de Herto), que sería o predecesor de Homo sapiens sapiens[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 [1]Kabwe 1. The Smithsonian Institution's Human Origin Program(en inglés)
  2. Stringer, C. The Origin of our Species. páx 202. Ed. Penguin. 2011
  3. [2] The Rightmire, G. Philip. Evolution of Homo Erectus: Comparative Anatomical Studies of an Extinct Human Species. Cambridge University Press, 1993.(en inglés)
  4. ightmire, G. The Lake Ndutu cranium and early Homo Sapiens in Africa. American Journal of Physical Anthropology. 61, 2. páx 245–254. 2005
  5. White et al. Pleistocene Homo sapiens from Middle Awash, Ethiopia. Nature. Vol 423, 6491, páx 742–747
Evolución humana
Hominidi
Sahelanthropus tchadensis - Orrorin tugenensis
Ardipithecus: A. kadabba - A. ramidus
Australopitecinos
Australopithecus : A. afarensis - A. africanus - A. anamensis - A. bahrelghazali - A. garhi
Paranthropus: P. aethiopicus - P. boisei - P. robustus
Humanos e Proto-humanos
Kenyanthropus platyops
Homo: H. habilis - H. rudolfensis - H. ergaster - H. erectus - H. floresiensis - H. antecessor - H. heidelbergensis - H. neanderthalensis - H. sapiens idaltu - H. rhodesiensis - H. cepranensis - H. georgicus - H. sapiens sapiens